Nokia presenta o seu propio ultraportátil

luns, 24 de agosto do 2009 Marcus Fernández

O sector dos ultraportátiles parece estancarse, pero Nokia decidiu entrar nesta gama de produtos, no que podería supor un importante pulo para este tipo de equipos informáticos, aínda que haberá que agardar ao 2 de setembro para coñecer os detalles pormenorizados do primeiro ordenador fabricado por Nokia.
O Nokia Booklet 3G funciona cun procesador Intel Atom, ten unha pantalla de 10,1 polgadas, pesa 1,25 quilogramos, conta cunha webcam, lector de tarxetas SD, A-GPS, Bluetooth, saída HDMI, Wi-Fi (IEEE 802.11n) e conectividade 3G/HSPA, que sumado a unha autonomía de ata 12 horas o converte nun equipo realmente móbil, compatible cos servizos Ovi de Nokia (coma Ovi Maps).
Segundo parece, este equipo funcionaría con Windows 7, e non sería sorprendente que a súa comercialización fose da man de operadoras de telecomunicacións, que podería subvencionar este portátil con acabado de aluminio asociando a súa adquisición a unha tarifa plana de banda larga móbil.


Vídeo de presentación do Nokia Booklet 3G

PUBLICIDADE