Nokia presenta unha solución para mellorar a cobertura móbil en interiores

venres, 7 de maio do 2021 Marcus Fernández

A finlandesa Nokia anunciou estes días o lanzamento do Nokia Smart Node, un módulo para interiores que mellora a cobertura de redes móbiles 4G e 5G en residencias e empresas, destacando polo seu deseño compacto e plug and play, así como polo feito de estar a proba de futuro ao ser compatible coas vindeiras redes 5G. Sairá á venda no último trimestre do ano.
O Nokia Smart Node polo colocarse sobre un escritorio, nunha parede ou no teito, mellorando a cobertura de redes móbiles no interior, facilitando que en fogares e oficinas poida tirarse proveito das posibilidades das redes 5G (aínda que ao ser unha solución modular, haberá escenarios nos que se aproveite simplemente para unha mellor cobertura 4G) empregando femtocelas.

Vídeo de presentación do Nokia Smart Node

PUBLICIDADE