Nokia rexistrou malos resultados económicos no pasado trimestre

xoves, 15 de outubro do 2009

O fabricante finlandés de teléfonos móbiles Nokia anunciou hoxe os seus resultados económicos do terceiro trimestre do ano, rexistrando unhas perdas netas de 559 millóns de euros, así coma un descenso de vendas do 20%.
As malas novas para Nokia non rematan aí, e a súa cota de mercado dos teléfonos intelixente caeu do 41% ao 35%, de xeito que Apple, RIM e Palm parecen estar a roubarlle terreo a pasos axigantados.

PUBLICIDADE