Nos últimos 4 anos incrementa en 113 mil o número de galegos conectados á Internet
martes, 8 de xullo do 2025
Entre os anos 2021 e 2024, un total de 113.114 persoas sumáronse ao uso da Internet en Galicia. No mesmo perÃodo, o número de fogares con conexión contratada aumentou en 55.208, o que representa que o 95,5 % das vivendas galegas dispoñen xa de acceso á Rede. Os maiores avances rexÃstranse nos ámbitos onde Galicia partÃa de cifras máis baixas, como nos concellos con menos de 5.000 habitantes, onde a contratación de internet medrou un 11,6 %, superando por vez primeira o 90 %; e entre a poboación de entre 65 e 74 anos, onde o uso da Rede alcanza xa case o 75 %, cun incremento de máis dun 13 % respecto ao ano anterior.
Estes datos proceden do estudo Galicia. A nosa vida en dixital. A Sociedade da Información nos fogares galegos. Edición 2024, publicado hoxe polo OSIMGA a partir da Enquisa Estrutural aos Fogares do Instituto Galego de EstatÃstica. O informe amosa unha evolución sostida no uso de Internet na Comunidade, cun aumento da contratación de conexións de alta velocidade, asà como na incorporación de novos dispositivos e hábitos dixitais.
Uso de internet e velocidade das conexións
En 2024, preto do 94 % da poboación galega empregou a Internet nos últimos tres meses. O uso é practicamente xeralizado entre os 16 e os 44 anos e supera o 98 % entre os 45 e os 54. Tamén continúa aumentando entre os 55 e os 64 anos, cun 93,2 %, e entre os 65 e os 74, onde roza o 75 %. Cómpre salientar que Galicia rexistrou un incremento do 5 % no número de usuarios activos desde 2021, fronte ao 2 % da media española e ao 4,3 % da Unión Europea.
Alén do aumento de fogares conectados, tamén destaca o avance das conexións de alta velocidade: o 65,2 % dos fogares galegos conta con velocidades superiores aos 100 Mbps (fronte ao 30 % en 2021), e un 86,3 % supera os 30 Mbps.
Dispositivos dixitais e usos
O teléfono móbil con acceso a Internet é o dispositivo máis común: o 95,7 % da poboación galega fai uso dun smartphone, cunha implantación case total entre os menores de 45 anos, e dun 83,4 % entre as persoas maiores de 65.
O 80,7 % dos fogares dispoñen dun ordenador (xa sexa de sobremesa, portátil ou tableta), sendo o portátil o máis habitual (60,8 %). As televisións intelixentes están presentes no 59,1 % das vivendas, cun aumento do 6,7 % respecto a 2023 e do 35,2 % desde 2021. Tamén aumenta a presenza de altofalantes intelixentes, que chegan xa ao 16,5 % dos fogares, un 6,5 % máis que o ano anterior.
Entre as actividades dixitais máis frecuentes destacan a busca de información sobre produtos e servizos (92,6 %), as videoconferencias (tamén cun 92,6 %), a lectura de novas en liña (85,5 %) e o uso da banca electrónica (81,6 %).
Compras, administración electrónica e ciberseguridade
En 2024, o 67,4 % da poboación galega realizou compras en liña, cun incremento anual do 5,5 %. O uso da administración electrónica continúa en expansión e é empregado xa polo 86,6 % dos internautas. En canto á ciberseguridade, o 17 % dos galegos afirma ter sufrido algún incidente neste ámbito no último ano.
