Nothing presenta un móbil económico
martes, 7 de xullo do 2026
O vindeiro día 17 chegará ao mercado europeo o novo Nothing Phone (4b), un smartphone de gama media dispoñible en tres cores distintas (azul, branco e negro), 8 GB de RAM e 128 GB de almacenamento que sorprende por chegar a un prezo de 329 euros, moi por debaixo do habitual nesta marca, que para móbiles económicos tiña a marca CMF, pero que a crise das memorias levounos a que este ano non vaia lanzar novos terminais desta liña (pois resulta inviable o lanzamento dun móbil que consideren digno a un prezo de 249-279 euros).
Este novo smartphone ten unhas características bastante modestas, acompañadas por un deseño rechamante e por funcionalidades propias da marca como un sistema de notificacións LED na parte traseira do dispositivo.
O Nothing Phone (4b) chegará cun procesador Qualcomm Snapdragon 6 Gen 4 (propio de móbiles de entrada); a súa cámara principal de 50 Mpíxeles con estabilización óptica está acompañado por un ultra grande angular e unha cámara frontal de 16 Mpíxeles; a súa pantalla super AMOLED de 6,77 polgadas ten resolución Full HD+ e unha frecuencia de refresco de ata 120 Hz; integra altofalantes estéreo; goza de conectividade Wi-Fi 6, Bluetooth 6.0 e NFC; e a súa batería de 5.200 mAh pode cargarse por cable a 33 watts (ofrecendo tamén carga inversa a 7,5 watts). Aínda que estamos ante un móbil cun prezo axustado, ten certificación IP64 fronte á auga e ao po.
Nothing promete que este smartphone recibirá 3 anos de actualizacións de Android e 6 anos de parches de seguridade.
Vídeo promocional do Nothing Phone (4b)
