Nova cámara Instax con grande angular
martes, 21 de xaneiro do 2025
O vindeiro 4 de febreiro chegará ás tendas a que probablemente sexa a cámara instantánea de Fujifilm con máis personalidade e posibilidades, a Instax Wide Evo, que pese a ter un prezo de 379,99 euros, é bastante probable que acade certo nivel de éxito entre os amantes das experiencias fotográficas retro.
A Instax Wide Evo é unha cámara instantánea premium, que mestura a experiencia e a estética da fotografÃa analóxica coa tecnoloxÃa dixital, permitindo disparar aplicando 10 efectos de lente (con axuste de intensidade), 10 efectos de pelÃcula, varios estilos de pelÃcula (permitindo asà conseguir un maior efecto analóxico) e mesmo contando cun selector para activar unha lente de grande angular capaz de captar máis acción que as anteriores cámaras da marca.
A cámara integra unha impresora, para trasladar ao papel as nosas instantáneas, que tanto poden estar tomadas coa cámara como achegarse dende unha aplicación móbil.
Pero o máis rechamante da Instax Wide Evo é claramente a súa estética de cámara analóxica, cun estilo moderno, e elementos como unha panca de impresión nun lateral que evoca a experiencia analóxica, unha panca de obturador que busca transmitir sensacións co seu clic, diais fÃsicos para a selección de efectos e o control da intensidade e incluso un pequeno espello na súa parte frontal para facer máis doada a captura de selfies.
Iso si, estamos realmente ante unha cámara dixital (cun sensor CMOS de 1/3 polgadas e 16 MpÃxeles), que conta cunha baterÃa que se carga mediante USB-C, cunha pantalla LCD traseira de alta resolución e cunha rañura para tarxetas microSD na que gardar copias de seguridade das imaxes. A súa aplicación móbil non só serve para imprimir na cámara as imaxes que teñamos no móbil, senón que tamén pode empregarse para controlar a cámara a distancia.
VÃdeo promocional da nova Instax Wide Evo