Nova cámara compacta de Casio con pantalla e marco rotatorios
xoves, 3 de maio do 2012
Casio amplÃa
a súa familia de cámaras dixitais EXILIM coa nova EX-TR150, que destaca por
contar con pantalla e un marco rotatorios, e integrar un modo beleza orixinal de Casio que asegura a realización de retratos
fermosos mediante filtros de alisado e eliminación de sombras que se empregan
grazas ao recoñecemento de caras e ao axuste automático da exposición.
A Casio EX-TR150
ofrece moitas posibilidades á hora de facer fotografÃas e gravar vÃdeos, en
boa medida grazas ao seu marco que pode xirar ata 360 graos sobre a lente e a
pantalla ata 270 graos. O seu sensor retroiluminado CMOS pode tirar
instantáneas a 12,1 MpÃxeles, gravar vÃdeos Full HD, ten unha pantalla táctil
de 3 polgadas, o seu grande angular facilita a realización de auto-fotos e
completa as súas funcionalidades artÃsticas con numerosos filtros como a
función Decoración, modo Premium Auto, tecnoloxÃa HDR e función panorámica, de
xeito que teremos un produto moi compacto e versátil, ideal para sacar
fotografÃas en familia ou cos amigos. Sae
á venda en branco e fucsia por 199 euros.
- A Casio EX-TR150 conta con pantalla e marco rotatorios