Nova cámara instantánea compacta de Fujifilm
martes, 8 de abril do 2025
Fujifilm vén de anunciar o lanzamento da súa nova cámara instantánea instax mini 41, unha evolución moderna e mellorada da popular instax mini 40, que chega agora cun deseño máis elegante, melloras no control do flash e unha maior precisión para as fotografÃas en primeiro plano. A instax mini 41 chegará ás tendas o vindeiro 17 de abril a un prezo recomendado de 109,99 euros.
Dende a compañÃa aseguran que «a mini 41 está pensada para quen busca estilo e funcionalidade á vez. Mantén todo o que encantou da mini 40, pero sobe o nivel cun rendemento mellorado e un deseño actualizado. É lixeira, sinxela de usar e encaixa coa estética coidada que moitos dos nosos usuarios imprimen ás súas fotografÃas».
Como caracterÃsticas máis salientables desta nova cámara temos:
– Exposición automática intelixente: axusta automaticamente a velocidade de obturación e a intensidade do flash segundo as condicións de luz ambiental, simplificando a fotografÃa tanto en interiores como ao aire libre.
– Modo de primeiro plano con corrección de paralaxe: axusta a marca central do visor para que o encadre final coincida co que se ve ao fotografar a curta distancia.
– Deseño renovado e transportable: o corpo da mini 41 presenta unha textura rugosa e agradable ao tacto que facilita o agarre. Os detalles en cor laranxa e o acabado metálico engaden un toque moderno.
VÃdeo promocional da Instax mini 41