Nova consola portátil inspirada na Nintendo DS
luns, 25 de agosto do 2025
A primeiros do ano pasado presentouse a Ayaneo Flip DS, unha consola portátil con dobre pantalla cun deseño inspirado na clásica Nintendo DS, pero que, ao estarmos realmente ante un ordenador consolizado que funciona con Windows, o seu prezo (entre 1.139 e 1.399 dólares) fai que non sexa un produto ao alcance de moitos entusiastas do seu formato.
Pero os namorados da Nintendo DS que queiran lembrala nunha consola portátil moderna teñen agora unha opción moito máis accesible: a AYN Thor.
Estamos ante unha consola emuladora cunha xenerosa pantalla principal OLED de 6 polgadas con resolución Full HD e unha velocidade de refresco de 120 Hz, acompañada por unha pantalla de 3,92 polgadas cunha resolución de 1.240 x 1.080 pÃxeles e 60 Hz de refresco, con pancas analóxicas a ambos lados, asà como unha cruceta á esquerda e os tÃpicos 4 botóns de disparo á dereita, asà como tamén catro pequenos botóns no panel frontal para distintas funcións, e os gatillos propios das consolas portátiles con este formato.
Esta nova máquina chega con Android 13, baterÃa de 6.000 mAh e 380 gramos de peso, e ofrecerase en catro versións distintas: a versión Lite cun procesador Qualcomm Snapdragon 865, 8 GB de RAM LPDDR4x, 128 GB de almacenamento UFS 3.1, Wi-Fi 6 e Bluetooth 5.1; a versión Base con 8 GB de RAM LPDDR5x, 128 GB de almacenamento UFS 4.0, Wi-Fi 7 e Bluetooth 5.3; a versión Pro con 12 GB de RAM e 256 GB de almacenamento; e a versión Max con 16 GB de RAM e 1 TB de almacenamento. Os seus prezos van dos 249 dólares para a versión Lite ata os 429 dólares da versión Max.
VÃdeo promocional da AYN Thor
