Nova edición do programa Innova PEME
martes, 13 de agosto do 2019
O Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe publica a resolución da segunda edición do programa
Innova PEME, pola que se adxudican as axudas para a mellora da capacidade
innovadora das PEME galegas, co-financiadas a través do Fondo Europeo de
Desenvolvemento Rexional (FEDER), no marco do programa operativo FEDER Galicia
2014-2020.
Ao abeiro desta segunda convocatoria apoiarase a mellora dos
plans de innovación de 37 PEME galegas, cunha axuda pública que supera os 2,75
millóns de euros e que permitirá unha mobilización total de máis de 5,5 millóns
de euros. O obxectivo desta liña de axudas é desenvolver ou incrementar a
capacidade innovadora daquelas empresas que xa teñen ou comezan a ter un
desempeño innovador, pero que precisan apoio para sistematizalo, potencialo ou
desenvolvelo e, deste xeito, lanzar novos produtos e servizos ou mellorar os
seus procesos.
O
27% das empresas beneficiadas na anterior edición do programa Innova PEME
correspondÃan ao sector TIC, e máis da metade das empresas non recibira
nunha unha axuda da Axencia Galega de Innovación (GAIN).