Nova edición do programa para startups de Abanca
martes, 23 de setembro do 2025
Abanca vén de pór en marcha o prazo de inscrición da undécima edición do Programa para Startups de Abanca Innova, unha iniciativa que se consolidou como referente de innovación aberta no noroeste peninsular. As candidaturas poden presentarse en liña ata o 7 de novembro.
A convocatoria dirÃxese a empresas emerxentes que desenvolvan proxectos en ámbitos como fintech, insurtech, regtech, ciberseguridade ou sustentabilidade, aÃnda que tamén se terán en conta outras propostas con capacidade de transformar o sector financeiro. As startups deben contar cun produto xa no mercado, aÃnda que se atope nunha fase temperá, e dispoñer dun equipo con capacidade para adaptalo a contornas reais de proba.
Entre os desafÃos sinalados este ano destacan a mellora da experiencia do cliente mediante intelixencia artificial, a integración de ferramentas para a xestión de incidencias e personalización de servizos, solucións sostibles que reduzan a pegada ambiental ou propostas que impulsen o uso ético e seguro da IA en contornas controladas. Tamén se valorarán outras iniciativas orientadas a reforzar a eficiencia, a xestión de riscos ou a transición cara unha economÃa máis sostible.
As startups seleccionadas participarán en novembro nun primeiro obradoiro de traballo con equipos de Abanca. Posteriormente, aquelas que superen esta fase accederán ao bootcamp, que terá lugar entre o 25 de novembro e o 16 de decembro, no que se definirá o piloto, os custos asociados e os requisitos técnicos. Os proxectos viables avanzarán cara o desenvolvemento dunha proba de concepto (PoC) con áreas de negocio da entidade.
O programa, que conta coa colaboración da empresa HubIN, ofrece acompañamento especializado, acceso aos espazos de coworking de Abanca Innova e a posibilidade de participar en actividades de investimento. Desde o seu lanzamento, recibiu 554 solicitudes, das que 268 foron analizadas directamente por directivos da entidade e deron lugar a 24 probas de concepto. Na pasada edición resultaron seleccionadas iniciativas como Salescaling, GPT Advisor e Galtea, que se atopan actualmente en fase de desenvolvemento con Abanca.
