Nova edición dos cursos sobre as aplicacións prácticas da IA para a cidadanÃa
luns, 28 de outubro do 2024
A AMTEGA pon en marcha a unha nova edición do programa formativo A Intelixencia Artificial no dÃa a dÃa para achegar as vantaxes da IA entre a cidadanÃa nun total de 17 xornadas que se realizarán de xeito presencial durante os meses de novembro e decembro en aulas da Rede CeMIT.
A formación, destinada especialmente a persoas maiores de 55 anos, achega aos participantes os conceptos e caracterÃsticas básicas da IA, o seu impacto no dÃa a dÃa e a súa contribución á sociedade. Son sesións de 90 minutos de duración, nas que se presentan casos prácticos de emprego da intelixencia artificial na vida cotiá, asà como as posibles barreiras ou dificultades no seu uso e os posibles riscos.
O obxectivo das xornadas é que os participantes poidan adquirir as competencias necesarias para o uso de ferramentas que empregan a IA como o móbil, asistentes persoais, tradutores instantáneos ou a xeración de imaxes, entre outros.