Nova filtración de datos de clientes de Yoigo

luns, 10 de marzo do 2025 Marcus Fernández

Ao igual que hai poucos días aconteceu con El Corte Inglés, temos que dar conta dunha filtración masiva de datos persoais do operador Yoigo, atribuído a un incidente de seguridade nun dos seus provedores, polo que están a advertir aos seus clientes de que parte da súa información como datos identificativos, datos de contacto e incluso datos bancarios poderían estar en mans de terceiros non autorizados, polo que cómpre extremar as precaucións antes correos electrónicos, mensaxes de texto ou calquera outra comunicación que se reciba nos vindeiros días, ante a posibilidade de que se trate dun calote aproveitando a información filtrada.
Lembremos que Yoigo xa padecera un roubo de datos de usuarios hai un par de anos, tras o que prometeron reforzar a súa seguridade, o que non parece ter sido dabondo para un novo incidente de seguridade.