Nova páxina web para divulgar a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial
luns, 10 de febreiro do 2025
A Xunta de Galicia vén de lanzar unha nova páxina web con toda a información sobre a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial. Deste xeito, a ConsellerÃa de Cultura, Lingua e Xuventude pon a disposición da cidadanÃa a documentación relativa ao traballo de técnicos, expertos, veciños e axentes sociais que participaron na elaboración da proposta Ribeira Sacra: Paisaxe da auga.
Este novo espazo web, dispoñible en galego, inglés e español, permite consultar os lÃmites do territorio proposto para o máximo recoñecemento por parte da Unesco, asà como a proposta de valor universal excepcional, os criterios ou os seis atributos especiais que definen a declaración.
Ofrece tamén a posibilidade de descargar o expediente completo que foi remitido para a súa avaliación ao Centro de Patrimonio Mundial de ParÃs e no que se inclúe o decreto de declaración como Ben de Interese Cultural desta paisaxe ou a información relativo aos encontros internacionais celebrados nos anos 2023 e 2024.
Coñecerase o resultado do proceso de avaliación da candidatura a Patrimonio Mundial pola Unesco no Comité Internacional do Patrimonio Mundial que se celebrará en 2026.