Nova plataforma audiovisual de balde: Squirrel+

martes, 7 de xullo do 2026 Marcus Fernández

Actualmente na grella da TDT tempos dúas canles en aberto baixo a marca Squirrel, que agora se expande na forma dunha plataforma de vídeo baixo demanda chamada Squirrel+ dende a que pretenden ofrecer cine, animación, motor e deportes, totalmente de balde e sen esixir rexistro.
A nova plataforma xa está operativa, aínda que polo momento con poucos contidos e cunha estética que pode resultar moi familiar (semella que empregan a solución Galgo da valenciana Tyris, popular entre as plataformas OTT das televisión autonómicas españolas).
Actualmente Squirrel+ achega películas como Universal Soldier: Regeneration, Bunraku, Baaria, Ataque Terrorista, Teniente Corrupto e Un Trabajo Embarazoso, anticipando que máis adiante contará tamén con Lee Miller, Frankie y los Monstruos, Cleaner: Rescate Vertical, Hellboy: El Hombre Retorcido, Movida Celestial e Buena Suere, Pásalo Bien, No Mueras; para a cativada conta coa serie de animación Agent 203; e integra contidos deportivos como Canal Motor con resumos e directos de competicións europeas e asiáticas da GTWC, a tempada 8 do magazine semanal Conexión Surfing, coberturas de numerosas carreiras e competicións (como a Spartan Race) e mesmo competicións de vela.
Conforma así unha oferta audiovisual complementaria á que podemos atopar outras plataformas tradicionais e en liña, que podemos consumir directamente dende a pantalla do ordenador coa opción de poder proxectar os contidos a pantallas de maior tamaño mediante a tecnoloxía Google Cast.