Nova sección de análise de información TIC na web de EGANET

xoves, 16 de febreiro do 2012 Fernando Sarasketa

A asociación EGANET vén de abrir na súa web unha nova sección informativa que, polo seu nome, ToxoTIC, fala ás claras de cales son os vieiros a percorrer: as novas tecnoloxías nun contexto cen por cen galego pero con múltiples xanelas ao espallamento internacional. Máis especificamente, informarase en ToxoTIC de todo o que nos afecte, ás empresas galegas tecnolóxico-dixitais, no noso proceso de afianzarnos no mundo. As novas e os informes-estudos virán da man de diversos colaboradores expertos en comunicación e análise informativa.
A sección inaugúrase, para ir facéndonos unha idea máis clara de por onde vai ir a cousa, cun artigo titulado Economía sustentable ou o tratado dunha batalla perdida, interesante achega sobre as iniciativas que se están a xerar dende o primeiro mundo para pórlle límites a Internet e á liberdade de expresión e de información (Lei Sinde-Wert, o tratado internacional ACTA o Acordo Comercial Antifalsificación, etc).

PUBLICIDADE