Nova serie de gráficas nVIDIA RTX

martes, 7 de xaneiro do 2025 Marcus Fernández

No marco do CES de Las Vegas nVIDIA presentou as GPU de consumo máis avanzadas para xogadores, creadores e desenvolvedores: GeForce RTX 50. Estas gráficas estarán impulsadas pola arquitectura NVIDIA Blackwell, os núcleos Tensor de quinta xeración e os núcleos RT de cuarta xeración, ofrecendo avances revolucionarios no renderizado impulsado por IA, incluíndo sombreadores neuronais, tecnoloxías de humanos dixitais, xeometría e iluminación.
A GPU GeForce RTX 5090, a máis rápida da serie, conta con 92.000 millóns de transistores, proporcionando máis de 3.352 billóns de operacións de IA por segundo (TOPS) de potencia de cálculo. As innovacións da arquitectura Blackwell e DLSS 4 permiten que a GPU GeForce RTX 5090 supere á GeForce RTX 4090 até o dobre.
Pola súa banda, as GPU GeForce Blackwell chegan aos portátiles con todas as funcionalidades dos modelos de escritorio, ofrecendo unha considerábel mellora na computación portátil, incluíndo capacidades gráficas extraordinarias e unha eficiencia notable. A xeración Blackwell da tecnoloxía NVIDIA Max-Q estende a duración da batería até un 40%, mantendo deseños delgados e lixeiros sen sacrificar potencia nin rendemento.
Con DLSS 4 introdúcese Multi Frame Generation para incrementar as taxas de fotogramas empregando IA para xerar até tres fotogramas por cada un renderizado. Funciona en conxunto coas tecnoloxías DLSS para multiplicar até 8 veces o rendemento sobre o renderizado tradicional, mantendo a resposta coa tecnoloxía NVIDIA Reflex, que na súa versión 2 reduce a latencia até un 75%.

Dispoñibilidade

Para usuarios de escritorio, a GPU GeForce RTX 5090 con 3.352 AI TOPS e a GPU GeForce RTX 5080 con 1.801 AI TOPS estarán dispoñibles o 30 de xaneiro por 1.999 e 999 dólares respectivamente.
A GPU GeForce RTX 5070 Ti con 1.406 AI TOPS e a GPU GeForce RTX 5070 con 988 AI TOPS estarán dispoñíbeis a partir de febreiro por 749 e 549 dólares respectivamente.
Os ordenadores portátiles con este tipo de gráficas integradas comezarán a chegar o mercado no mes de marzo.