Nova sintonizadora de televisión para a Nintendo DS
luns, 12 de novembro do 2007
A Nintendo DS está a demostrar que é algo máis que
unha consola de videoxogos portátil, de xeito que xa conta cunha versión
do navegador Opera para poder explorar a web grazas á súa conectividade
Wi-Fi e agora incorpora á súa gama de produtos o WanSeg TV Tuner DS, un
sintonizador de televisión compatible tanto coa DS clásica como coa versión
Lite que se
vende en Play-Asia a 89,90 dólares (61,85 euros) e que amosa unha interface
moi sinxela feita á medida da consola portátil de Nintendo.
O novo sintonizador venderase a partir do 23 de novembro e ata o momento nos
podemos confirmar con ver unhas
imaxes do seu funcionamento: