Nova tableta de gama media de Samsung
luns, 25 de agosto do 2025
Samsung anunciou oficialmente o lanzamento da Galaxy Tab S10 Lite, unha nova tableta que busca ofrecer tecnoloxÃa avanzada cun dispositivo versátil, funcional e económico. A nova tableta destaca pola súa pantalla TFT de 10,9 polgadas cunha resolución de 2.112 x 1.320 pÃxeles, optimizada con Vision Booster e un brillo máximo de 600 nits.
A Samsung Galaxy Tab S10 Lite incorpora o procesador Exynos 1380, acompañado de opcións de memoria de 6/8 GB e almacenamento interno de 128/256 GB, ampliable mediante tarxeta microSD ata 2 TB. Esta configuración permite unha multitarefa fluÃda e unha resposta áxil ante aplicacións esixentes, navegación intensiva ou edición multimedia. A baterÃa de 8.000 mAh, con carga de 25 watts, asegura unha autonomÃa prolongada que se adapta a xornadas completas de traballo ou estudo.
Un dos elementos distintivos do dispositivo é a inclusión do S Pen, que permite aos usuarios escribir, debuxar e interactuar co contido de forma precisa e natural. A integración con Samsung Notes e outras ferramentas intelixentes como a axuda para escritura a man ou o solucionador de matemáticas, converten a tableta nunha aliada para a produtividade e a aprendizaxe. Ademais, a funcionalidade Circle to Search de Google facilita a busca contextual e a tradución directa desde calquera parte da pantalla, mentres que a tecla Galaxy AI no teclado Book Cover (vendido por separado) ofrece acceso instantáneo á asistencia baseada en intelixencia artificial.
En canto ao apartado fotográfico, a tablet incorpora unha cámara traseira de 8 MpÃxeles e unha frontal de 5 MpÃxeles, pensando en videoconferencias, escaneo de documentos ou capturas ocasionais. O sistema operativo Android 15 e a conectividade Wi-Fi 6 e Bluetooth 5.3, completan un conxunto técnico que sitúa á Galaxy Tab S10 Lite como unha opción sólida dentro do segmento medio.
A Galaxy Tab S10 Lite estará dispoñible a partir do 5 de setembro en tres cores: prata, gris, gris e vermello coral; e o seu prezo oficial para dos 399 euros para a versión Wi-Fi con 128 GB de almacenamento.
