Nova versión do software de xestión integral dos Centros CeMIT
xoves, 18 de agosto do 2016
A AMTEGA vén de publicar como software libre unha nova versión de XEA no Repositorio de
Software Libre, na forxa de Mancomún, aplicación que facilita a xestión de
todos os recursos da rede, adaptándose ás necesidades de axentes TIC e
usuarios, permitindo que estes últimos poidan consultar as actividades de
formación dos centros da rede a a súa inscrición, á vez que tamén serve para a
organización da actividade diaria dos centros e actividades. Esta é a cuarta
versión que se publica desta aplicación de xestión das aulas CeMIT, dende que
fora inicialmente liberada como software libre a finais do ano 2014.
Esta
nova versión, que está posta xa en produción na rede CeMIT, corrixe erros
que se foron detectando así como incorpora pequenas melloras de usabilidade
para as usuarias e usuarios, así como para as e os axentes TIC, quen se encarga
da xestión das aulas.
Deste xeito a AMTEGA mantén a súa aposta por facilitar as posibilidades de
reutilización desta aplicación por calquera outra iniciativa similar, poñendo a
disposición as diferentes versións con melloras derivadas do uso diario e das
peticións das usuarias e usuarios da rede.