Nova webcam de AVerMedia
martes, 23 de xullo do 2019
Coa vista posta nas retransmisións de vÃdeo en directo a
través da Rede dende AVerMedia veñen de achegar ao mercado a webcam Live Streamer Cam 313
(modelo PW313), que podemos
adquirir xa en España a un prezo de 59,95 euros, e que pretende ter
especial aceptación entre xogadores que queiran retransmitir as súas partidas.
A Live Streamer Cam 313 é capaz de gravar vÃdeo Full HD a 1.080p e 30 imaxes
por segundo con grande calidade, pode conectarse comodamente á nosa pantalla
(tanto de portátil como de sobremesa), pode xirar até 360 graos e, como outro
detalle do seu deseño a mencionar temos que conta cunha peza deslizante para
poder tapar a cámara de xeito fÃsico (garantindo asà que non se viola a
intimidade de usuario).
A cámara pode empregarse co software de gravación e streaming RECentral
4 de AVerMedia, que permite utilizar
filtros para mellorar a imaxe e, tirando uso do AVerMedia engine tamén é
posible aplicar estea efectos cando se está a realizar unha retransmisión a
través de OBS.
A Live Streamer Cam 313 ten conectividade USB 2.0 (cun cable de 1,5 metros) e
sensor CMOS de 2 MpÃxeles, polo que non parece que esteamos ante un portento
tecnolóxico, pero si ante unha cámara mellor e máis versátil que as que tenden
a integrar os ordenadores portátiles e a as tabletas.
- A webcam permite tapar o seu obxectivo para garantir a protección da nosa intimidade