Nova webcam de alta definición de Philips
martes, 5 de maio do 2009
Os usuarios que
non se conformen coas limitadas cámaras web que incorporan moitos ordenadores portátiles
ou carezan de webcam, poden optar pola nova Philips
SPC2050NC, que ofrece unha boa calidade tanto para a realización de
videoconferencias como para a toma de fotografÃas, pois conta cun sensor de 2
MpÃxeles que servirÃa para capturar imaxes de ata 8 MpÃxeles (mediante
interpolación) ou para vÃdeo ata a 90 fotogramas por segundo.
A cámara mide 6,47 x 3 x 2,66 centÃmetros e pesa 64 gramos sen o seu soporte,
incorpora 2 micrófonos para recoller son estéreo, permite o uso de zoom dixital
de 8x (para poder facer un mellor encadre), conta cun sistema de enfoque
automático de alta velocidade, a súa lente grande angular de vidro permite mellorar
o campo de visión con respecto a outras cámaras semellantes e incluso incorpora
as tecnoloxÃas Pixel Plus 2 e Digital Natural Motion que melloran a nitidez das
imaxes cunha calidade poucas veces vista nun produto deste tipo que está
á venda por 99 euros.