Artigos desta sección
Apple Music incremento o prezo da súa subscrición
Apple aplicou unha nova subida de prezos en Apple Music que xa está en vigor en España e no resto da Unión Europea. Trátase do primeiro incremento das tarifas do servizo de música en streaming desde 2022 e afecta ás modalidades Individual, Familiar e Estudante.
Ler máisRianxo acolle un campamento dixital a partir do día 20 para a rapazada
O Concello de Rianxo vai celebrar a vindeira semana un campamento dixital impulsado pola Fundación Cibervoluntarios, co apoio do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030. Será entre os días 20 e 23 de xullo, na Aula de Informática do centro Sociocultural do Auditorio Municipal, con inscricións abertas en (...)
Ler máisCarballo impulsa o talento novo cos seus campamentos infantís sobre robótica, IA e ciberseguridade
A Aula CeMIT de Carballo acolleu este 17 de xullo a clausura e entrega de diplomas do primeiro dos catro campamentos tecnolóxicos de verán organizados pola Concellaría de Innovación. O alcalde de Carballo, Daniel Pérez; o concelleiro de Innovación, Iván Andrade, e a concelleira de Educación, Mar Eirís, foron os encargados de acompañar á rapazada nesta xornada de (...)
Ler máisO Consello da Cultura valora a proposta do novo Plan da Lingua
A presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Dolores Vilavedra, reuniuse esta mañá co conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, para analizar a proposta de actualización do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, nun encontro no que tamén participou o secretario xeral da Lingua, Valentín García. A xuntanza serviu para constatar (...)
Ler máisO videoxogo de divulgación científica de Alerta Verde (CINTECX) chegou a máis de 700 estudantes
O Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais (CINTECX) da Universidade de Vigo fixo balance da actividade xerada polo proxecto de divulgación científica Alerta Verde, financiado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), que concluíu a súa primeira etapa tras achegar a ciencia a preto de 3.500 persoas en toda (...)
Ler máisPuntoGal reforza o seu compromiso cunha Internet máis segura xunto á IWF
O dominio .gal confirmou a súa colaboración coa Internet Watch Foundation (IWF), organización internacional coa que traballa PuntoGal desde 2024 para reforzar a seguridade da comunidade galega en Internet. O obxectivo de PuntoGal é seguir avanzando na loita contra as principais prácticas fraudulentas detectadas na (...)
Ler máisAMTEGA busca ideas para aplicar os xemelgos dixitais á xestión do turismo e do medio rural
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) puxo en marcha o Concurso de Ideas do Xemelgo Dixital (XDG), unha iniciativa dirixida a identificar propostas innovadoras que empreguen tecnoloxías como a intelixencia artificial, a sensorización e os datos en tempo real para mellorar a xestión do territorio. O obxectivo é detectar solucións con (...)
Ler máisNetflix recoñece o uso da IA xenerativa en centos das súas producións
A carta aos accionistas de Netflix deixa claro que a intelixencia artificial converteuse nun dos piares estratéxicos da empresa, xunto coa ampliación da oferta de entretemento e o reforzo da monetización. Netflix presenta a IA como unha tecnoloxía transversal que xa está a modificar tanto a experiencia dos usuarios como os procesos internos de produción (...)
Ler máisO XII Congreso Nacional de Bibliotecas Móbiles celebrarase en Santiago e porá o foco nas novas ferramentas
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou este venres 17 de xullo na presentación do XII Congreso Nacional de Bibliotecas Móbiles, un encontro que este ano se vai celebrar na Cidade da Cultura, do 23 ao 25 de outubro, coa colaboración do Goberno galego. Na cita cos medios estivo acompañado por Roberto Soto, presidente da Asociación de (...)
Ler máisAs televisións autonómicas españolas queren coproducir un filme conxuntamente
A Federación de Organismos de Radio e Televisión Autonómicos (FORTA) abriu unha convocatoria dirixida ás produtoras audiovisuais para seleccionar a que será a primeira longametraxe de ficción coproducida de maneira conxunta polas televisións públicas autonómicas integradas na entidade. A iniciativa pretende reforzar a colaboración entre os operadores rexionais e (...)
Ler máis