Novas actividades extraescolares da Xunta para o fomento da convivencia dixital e o uso seguro das tecnoloxÃas
luns, 29 de setembro do 2025

- Román RodrÃguez presentou o programa ConVivimos Dixital no Parlamento de Galicia
Máis de 4.500 estudantes de entre 9 e 17 anos poderán participar este outono nas novas actividades extraescolares que a Xunta pon en marcha para impulsar a convivencia dixital e o uso seguro das tecnoloxÃas. O Goberno galego destina máis dun millón de euros ao programa ConVivimos Dixital, presentado esta semana no Parlamento polo conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román RodrÃguez. A iniciativa será gratuÃta para as familias e enlaza cos obxectivos da futura Lei de educación dixital, coa que a Xunta pretende regular o uso das novas tecnoloxÃas nas aulas.
As actividades desenvolveranse nos centros que as soliciten en horario extraescolar, entre o 13 de outubro e o 18 de decembro, con dúas sesións semanais de dúas horas e en grupos de 15 a 25 participantes. Serán os propios centros educativos os que elixan os dÃas e horarios.
A convocatoria está aberta a centros públicos de Primaria, Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e FP, e priorizarase o alumnado con maior vulnerabilidade educativa, social e económica. As direccións deberán presentar as solicitudes ata o 9 de outubro a través da Sede Electrónica da Xunta.
O obxectivo do programa é fomentar unha convivencia dixital responsable desde idades temperás, garantindo o benestar e a seguridade dos menores no ámbito tecnolóxico. Para iso, búscase que adquiran competencias que favorezan un uso positivo, inclusivo e seguro da tecnoloxÃa, en sintonÃa coas medidas impulsadas por outras administracións.
ConVivimos Dixital combina accións formativas, talleres prácticos e dinámicas grupais que promoven a cooperación e o traballo en equipo, ao tempo que se reforzan as competencias dixitais e se fomenta unha convivencia respectuosa e inclusiva, con especial atención ao alumnado vulnerable.
O programa estrutúrase en tres niveis segundo a idade: competencias dixitais básicas para estudantes de 9 a 11 anos, intermedias para os de 12 e 13 e avanzadas para o grupo de 14 a 17. A metodoloxÃa será activa, lúdica e cooperativa, orientada a aprendizaxes significativas e á educación en valores democráticos, sustentabilidade e coñecemento do contorno. As sesións estarán dirixidas por persoal con formación e competencia dixital acreditada.
Financiado con fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, ConVivimos Dixital intégrase nas iniciativas da ConsellerÃa de Educación para reforzar a competencia dixital do alumnado galego no marco da Estratexia de educación dixital 2030, que tamén busca dotar ao profesorado de novas capacidades e consolidar un ecosistema dixital nos centros.
