Novas aplicacións para a intelixencia artificial de Meta
mércores, 27 de setembro do 2023
Nos últimos meses
Meta presentou numerosas contribucións da compañÃa no eido da intelixencia
artificial, e que agora anuncian
a súa incorporación a numerosos produtos, como pro exemplo a aplicación de
Llama 2 e o modelo de xeración de imaxes Emu para un creador de adhesivos mediante
IA, conseguindo asà que en WhatsApp, Messenger, Instagram e Facebook poidamos
expresarnos cunha maior creatividade, xa que non teriamos que limitarnos aos stickers
preexistentes, e poderiamos crear os nosos sen esforzo.
As aplicacións de Meta (comezando por Instagram) tamén van integrar un editor
de imaxes con intelixencia artificial que permitirá aplicar estilos visuais ás
imaxes, eliminar o fondo e engadir elementos mediante unha IA xenerativa, permitindo
asà unha chea de posibilidade ao grande público, que poderá crear imaxes máis
creativas, orixinais e divertidas.
Meta AI será tamén un asistente na liña de ChatGPT que estará dispoñible en
WhatsApp, Messenger e Instagram (estando previsto que tamén chegue aos nosos
produtos fÃsicos de Meta), permitindo asà obter de xeito áxil e doado
información que poida resultar do noso interese (de feito, funciona en
colaboración con Bing) e tamén permite a xeración de imaxes.
AÃnda que unha das cousas máis orixinais presentadas foi unha colección de 28
intelixencias artificiais personalizadas coas que poderase conversar mediante WhatsApp,
Messenger e Instagram, e que están encarnadas por distintas celebridades, e ás
que se lle deu un carácter e unhas habilidades especÃficas, de xeito que poden dar
lugar a conversas moi diferentes. Por exemplo, o personaxe caracterizado por Snoop
Dogg permite xogar con el unha partida de rol, o personaxe de Tom Brady
conversa sobre deportes e o personaxe de Roy Choi comparte trucos de cociña.
Este novo tipo de chats baseados en intelixencia artificial botan a andar hoxe nos
EE.UU., e irán incrementando personaxes e posibilidades nos vindeiros meses,
permitindo incluso a creación de novos personaxes a persoas que non saiban
programar, dando a entender que estamos ante o comezo de toda unha revolución.