Novas cámaras Cybershot de Sony

xoves, 7 de agosto do 2008 Marcus Fernández

A Sony Cybershot DSC-T700 combina elegancia con grandes prestacións

Sony presentou 2 novas cámaras compactas, as Cybershot DSC-T700 e DSC-T77, ambas compactas e delgadas, que combinan estilo, comodidade e calidade de imaxe, incorporando sensor de 10 Mpíxeles cunha sensibilidade de 3.200 ISO, 11 modos de escena, detector de rostros e pantalla táctil de 3 polgadas no modelo DSC-T77, mentres que o DSC-T700 conta cunha pantalla maior (de 3,5 polgadas) e 4 Gb de almacenamento interno.
As dúas cámaras tamén incorporan lente Carl Zeiss cun zoom óptico de 4x, estabilizador de imaxe e sistema anti-pestanexos (o que consegue disparando dúas fotos consecutivas para detectar cambios e desbotando as imaxes nas que as persoas teñan os ollos pechados).

A Cybershot T77 se vende nunha ampla gama de cores

As novas cámaras sairán á venda en varias cores, aceptándose pedidos dende o 29 de agosto (que non se atenderán ata finais de setembro) e os seus prezos serán duns 300 dólares para o modelo T77 e duns 400 dólares para o T700.

PUBLICIDADE