Novas funcións para os Estados de WhatsApp
xoves, 29 de maio do 2025
WhatsApp anunciou catro novas funcións para o seu apartado de Estados, co obxectivo de ofrecer máis formas de expresión persoal a través de fotos, música e adhesivos. As novidades comezarán a despregarse proximamente e estarán dispoñibles para todos os usuarios nos vindeiros meses.
Os Estados de WhatsApp, que permiten compartir contidos efémeros de maneira privada cos contactos, contará agora con opcións que melloran a creatividade e interacción. Entre elas, destaca a posibilidade de crear montaxes con ata seis imaxes, empregando ferramentas de edición para configurar a súa disposición; engadir música directamente como Estado ou como adhesivo musical nunha publicación; converter calquera fotografÃa nun adhesivo personalizable con opcións de tamaño e forma; e empregar a etiqueta Tu turno para convidar os contactos a participar cunha resposta que poden publicar tamén no seu propio Estado.
Estas funcións buscan achegar máis personalidade e dinamismo aos Estados de WhatsApp, sempre mantendo o cifrado e a visibilidade limitada aos contactos.