Novas guÃas sobre accesibilidade na tecnoloxÃa e liberación de intelixencia artificial
luns, 21 de abril do 2025
A AMTEGA vén de reforzar os recursos dispoñibles no portal Mancomún.gal coa publicación de dúas novas guÃas orientadas a facilitar o desenvolvemento tecnolóxico accesible e a fomentar a apertura dos proxectos de intelixencia artificial.
Estes documentos dirÃxense tanto a profesionais do sector como a entidades públicas e privadas interesadas en promover solucións máis inclusivas e abertas. As guÃas presentan un enfoque didáctico combinado cunha orientación práctica para a súa posta en marcha.
GuÃa de accesibilidade na tecnoloxÃa
A GuÃa de accesibilidade na tecnoloxÃa establece un marco de referencia para o deseño de solucións tecnolóxicas accesibles, ofrecendo boas prácticas e recomendacións co obxectivo de garantir a inclusión nos servizos dixitais.
O documento trata cuestións como o recoñecemento da accesibilidade como dereito fundamental, a súa relación coa usabilidade e o deseño universal, as normativas e estándares vixentes, asà como as necesidades especÃficas segundo os distintos tipos de discapacidade.
GuÃa de liberación de intelixencia artificial
A GuÃa de liberación de intelixencia artificial recolle pautas para asegurar que unha IA aberta respecte os principios de transparencia e accesibilidade. Analiza aspectos clave como a orixe, caracterÃsticas e etiquetado dos datos de adestramento; a importancia de liberar non só o código fonte, senón tamén os modelos, parámetros e especificacións técnicas; e a necesidade de documentar axeitadamente os proxectos para facilitar a súa mellora colaborativa.
Ademais, esta guÃa incorpora a recente definición da Open Source Initiative (OSI) sobre intelixencia artificial de software libre, que establece os requisitos que debe cumprir unha IA para ser considerada como aberta.