Novas xornadas formativas sobre a nova sede electrónica da Xunta

luns, 15 de outubro do 2018 Redacción

A AMTEGA pon en marcha durante os meses de outubro e novembro as xornadas prácticas Faite Dixit@l e tramita nun clic. Coñece a nova sede electrónica da Xunta de Galicia nas catro provincias galegas. Para facilitar o labor de acompañamento e formación á cidadanía dos responsables das aulas CeMIT e dos aliados dixitais do Plan de inclusión Dixital de Galicia, a AMTEGA ofrece esta formación, que se abre tamén ao persoal dos concellos galegos e calquera outro usuario interesado. Nas xornadas abordaranse os seguintes contidos:
- Os sistemas de identificación e sinatura electrónica: Certificados electrónicos e Chave365.
- A Sede electrónica da Xunta de Galicia: A nova interface e a xestión dos trámites dispoñibles e requirimentos técnicos para o seu uso.
- Notifica.Gal: Trámites dispoñibles e requirimentos técnicos para o seu uso.
- Outros sistemas de administración electrónica.
Cos coñecementos adquiridos, posteriormente organizaranse na Rede CeMIT actividades formativas para espertar o interese e reforzar a confianza das persoas no uso dos servizos públicos dixitais.ÇAdicionalmente, porase a disposición de todos os participantes os contidos formativos tratados nas xornadas a través da plataforma de teleformación EMA.
A sede electrónica entrou en funcionamento hai xusto sete anos e recentemente púxose en marcha una nova versión máis sinxela e accesible, enfocada ás necesidades e prioridades do usuario. A nova sede está adaptada a un mellor uso desde dispositivos móbiles e con posibilidades de personalización en función do tipo de colectivo e incorpora contidos por campañas.
As persoas interesadas en adquirir coñecementos en Administración Electrónica e en organizar actividades formativas sobre esta temática na rede de aulas CeMIT poderán inscribirse de balde a través da páxina web da Rede CeMIT.
Durante outubro e novembro, realizaranse as 4 xornadas Faite Dixit@l e tramita nun clic. Coñece a nova sede electrónica da Xunta de Galicia en horario de 10:00 a 14:00 horas:
- 23/10/2018 na Aula de informática da Delegación Provincial de Ourense
- 25/10/2018 na Aula de informática da Delegación Provincial de Lugo
- 13/11/2018 na Aula de informática da Delegación Provincial da Coruña
- 13/11/2018 na Aula de informática da Delegación Territorial de Vigo

PUBLICIDADE