Artigos desta sección
Vodafone contará con LaLiga SmartBank no seu servizo de televisión
A guerra do fútbol televisado non para de dar sorpresas, e hoxe Vodafone España, compañía que se desmarcara completamente deste tipo de retransmisións televisivas ante o seu elevado custo que claramente non compensaba economicamente, anuncia que dende o vindeiro día 12 incluirá no Pack Deportes de Vodafone TV todos os partidos da tempada 2022-23 de LaLiga (...)
Ler máisAs axudas Starting Grant, máis preto do noso persoal investigador grazas a GAIN
A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN), ofrece un servizo de asistencia e formación ao persoal investigador para lograr as Starting Grant 2023, as axudas do Consello Europeo de Investigación (ERC) dotadas con 1,5 millóns de euros para financiar carreiras investigadoras. Segundo informou a axendia que dirixe Pattrica Argerey, (...)
Ler máisXa podemos inscribir a nosa webserie para a décima edición do Carballo Interplay
O Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay prende os motores para volver a converter ao concello de Carballo na capital estatal das webseries e os novos formatos do 29 de marzo ao 1 de abril do 2023. Poderán presentarse a competición as series producidas entre os anos 2021 e 2023 que teñan un mínimo de 3 capítulos emitidos no momento da inscrición. (...)
Ler máisSusana Ladra impartirá un obradoiro sobre algoritmos e secuencias biolóxicas na Universidade de Concepción de Chile
A investigadora do Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña Susana Ladra impartirá do 16 ao 19 de agosto o obradoiro Algoritmos para o aliñamento e ensamblaxe de secuencias biolóxicas, organizado pola Facultade de Enxeñería da Universidade de Concepción (Chile).
Ler máisA Guarda acolle este 7 de agosto o comezo da primeira edicióin do seu Skeirrum local
A Guarda vai acoller este 7 de agosto o comezo da primeira edición do Skeirrum local, unha experiencia que dá unha viraxe innovadora ao formato das scape room pero poñendo o foco na historia do concello e outorgándolle un sabor propio e particular. A iniciativa vén da man de Cintia Lomba e Erea Rodríguez, dúas rapazas naturais da Guarda que veñen de concibir (...)
Ler máisAmazon merca iRobot
Amazon anunciou hoxe o peche dun acordo para a adquisición de iRobot, compañía creadora dos célebres robots aspiradora da serie Roomba, nacida en 2002, e que conseguiu converterse no grande referente desta categoría de produtos de electrónica de consumo.
Ler máisIsabel Rodríguez fai un chamamento á transformación tecnolóxica dende a sede de Estati.co
A subdelagada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, visitou esta semana a sede da emprea Estati.co, unha das firmas-axentes de transformación tecnolóxica adheridas ao programa Kit Dixital, dun total de 8.700 colaboradores adheridos. Fíxoo acompañada pola alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o presidente da Asociación de Empresarios Novos, Ramón (...)
Ler máisNieves R. Brisaboa participará na Aula de Verán Blas Cabrera cunha charla sobre informática e cambio social
A investigadora do CITIC Nieves R. Brisaboa impartirá un relatorio na Aula de Verán Blas Cabrera de iniciación á investigación, a docencia e a innovación científica, que se desenvolverá entre o 8 e o 12 de agosto no Palacio da Magdalena de Santander, organizada pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) en colaboración co Ministerio de Ciencia e (...)
Ler máisO Clúster TIC equipa de competencias dixitais a máis de 2.000 persoas dende maio
O Clúster TIC Galicia vén de dotar de competencias dixitais a 2.048 persoas dende o mes de maio a través do plan formativo centrado nas TIC, que impulsa en colaboración coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta. “Isto”, explicou a alianza de empresas galegas do sector dixital, ”supón a execución de máis do 50% do orzamento achegado, que ascende (...)
Ler máisGalicia avanza cara a un modelo de transporte dixital
Alfonso Rueda, anunciou hoxe a posta en marcha da plataforma de Mobilidade 4.0 para avanzar cara a un modelo de transporte dixital e sustentable tras a súa aprobación no Consello da Xunta, facendo realidade o contrato que permitirá o deseño, desenvolvemento, implantación, soporte, mantemento e operación desta plataforma por un valor estimado de 9,4 millóns de (...)
Ler máis