Artigos desta sección
A AELG entrega este sábado os seus galardóns anuais, incluíndo a categoría de blogs literarios
Esta primavera vén chea de reivindicacións da nosa cultura e das nosas letras: o encontro ferrolán de Poesía Salvaxe, as múltiples feiras do libro que se están a celebrar (coa de Santiago estes días en activo), o Día das Letras Galegas do 17 de maio ou, tamén, a festa da nosa literatura que se celebra este sábado 4 de maio no Centro Ágora da Coruña. Este último (...)
Ler máisFotopanorama lánzase a rexistrar negocios galegos en 360 graos
Fotopanorama, a iniciativa do fotógrafo galego Ricardo Cambón (responsábel de cousas como Galicia360.com), vén de pór marcha unha colaboración co xigante Google para achegar o seu servizo Street View (imaxes en 360 graos para coñecer a distancia todo tipo de espazos urbanos e naturais) ás empresas, profesionais e particulares da nosa terra. A iniciativa de (...)
Ler máisA piques de comezar a cuarta edición das Xornadas TELGalicia
O luns 6 de maio o salón de actos do compostelán CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información) acollerá a IV Edición das Xornadas TELGalicia, unha xuntanza promovida pola rede de ensino a distancia RedeTELGalicia. O acto en cuestión comezará ás 9:30 horas, cunha conferencia sobre calidade nas aulas impartida por Inmaculada Plaza, (...)
Ler máisA andaina colectiva para unir Malpica e Fisterra pola beira do mar deixa fondas pegadas na Rede
O Camiño dos Faros é unha iniciativa dupla de mobilidade e reivindicación. Un percorrido que se fai fisicamente e que vai trazando na Rede o seu reflexo perdurábel. Máis polo miúdo, no blog de seu, un espazo en liña que amosa en detalle todo o relacionado con este itinerario colectivo para promover e defender a conservación e a utilidade dos vieiros que unen (...)
Ler máisSeis novas incorporacións ao tecido de centros educativos galegos con redes de nova xeración
AMTEGA informou este mércores do remate dos procesos de fornecemento de redes de nova xeración con 100 Mbps de velocidade en seis centros educativos das provincias da Coruña, Pontevedra e Ourense. Estes colexios, sinala a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, súmanse á listaxe de 193 que xa contan con esta infraestrutura de recente implantación (...)
Ler máisR sobe de 500 Mb a 1 Gb os seus plans de datos móbiles
Os usuarios das tarifas móbiles de R cos plans de datos máis cativos están de parabéns, pois o operador galego de telecomunicacións vén de dar conta da mellora do seu servizo ampliando o volume de tráfico que inclúe nas súas tarifas mini+internet, plana 200 24h e plana mini a máxima velocidade de 500 Mb a 1 Gb, sen custo adicional para os seus clientes e de (...)
Ler máisResucitan a primeira páxina web para celebrar o seu 20º aniversario
O 30 de abril de 1993 é o día no que a World Wide Web veu a luz no CERN a través dunha pequena páxina web que sementou un fenómeno que evolucionou enormemente nos últimos 20 anos, e para celebrar tal aniversario decidiron recuperar esta espartana páxina nos servidores web do CERN para preservala no seu enderezo orixinal: (...)
Ler máisCazan a David Ferrer facendo publicidade do Samsung GALAXY S4 dende un iPhone
Cando cazaron á artista Alicia Keys utilizando Twitter dende o seu iPhone cando tiña que estar a promocionar o novo BlackBerry Z10 comentamos que era bastante habitual que as celebridades cometesen ese tipo de erro, por non ser conscientes de que as publicacións que realizan na Rede deixan pegada da súa actividade, desvelando como poñen os cornos ás (...)
Ler máisRoberto Vidal Bolaño xa conta cun apartado de seu na web da Real Academia Galega
Con motivo da celebración neste 2013 do Día das Letras Galegas, a figura elixida de Roberto Vidal Bolaño estase a espallar tamén pola Rede. A Real Academia Galega (RAG) non podía ser menos, e abriu recentemente na súa web unha sección adicada en exclusiva ao polifacético artista compostelán incluída no apartado Letras Galegas, no que se atopan todos os persoeiros (...)
Ler máisOs xogos e concursos terán unha numeración de seu para as mensaxes de texto
Dende a Comisión do Mercado das Telecomunicacións advirten de que, tras o novo regulamento do xogo en España, veñen de realizar a primeira asignación de números curtos para o envío de mensaxes de texto Premium para concursos e xogos, que comezarán por 23 e 33 e terán 5 cifras, distinguíndose polo seu prezo, que será de ata 1,20 euros no caso dos que comecen por (...)
Ler máis0 | ... | 25810 | 25820 | 25830 | 25840 | 25850 | 25860 | 25870 | 25880 | 25890 | ... | 42340