Artigos desta sección
O operador R baixa os prezos dos seus servizos de telefonía na Unión Europea
O operador galego R, cousa moi de agradecer nun contexto en que todo o básico sube, anunciou a finais da semana pasada que vai reducir os prezos dos seus servizos de móbil R que se leven a cabo no seo da Unión Europea. A rebaixa xa se pode apreciar este luns 2 de xullo, a xuízo da empresa con sede na Coruña “unha rebaixa sensíbel” que afecta tanto ás chamadas (...)
Ler máisUnha lei galega perseguirá a igualdade no acceso ás TIC
Durante a clausura da Conferencia REACH 112, congreso organizado pola Axencia Galega de Emerxencias e a Asociación Europea do Número único de Emerxencias 112, o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que a nova Lei de Accesibilidade incluirá un apartado específico para promover a igualdade de acceso no ámbito das telecomunicacións, as novas (...)
Ler máisAdobe non adaptará o Flash Player a Android 4.1
Aínda que a única plataforma que se opuxo firmemente á tecnoloxía Flash de Adobe en dispositivos móbiles foi Apple, o tempo deulles a razón, e demostrouse que os elementos web con esta tecnoloxía deseñados para o PC non tiñan unha doada translación ao móbil (principalmente por basearse en pantallas táctiles en vez de en ratos informáticos) o que levou a Adobe a (...)
Ler máisAmena estréase como OMV con tarifas sen límites nin compromisos
O anuncio de que Orange ía resucitar a marca Amena para ter o seu propio Operador Móbil Virtual (OMV) na liña do que Movistar fai con Tuenti foi toda unha sorpresa que concretouse nas últimas horas, e cunhas condicións que inicialmente parecen bastante atractivas e simples, pois a compañía limita a súa oferta a dous contratos: unha tarifa de voz que por 19 (...)
Ler máisOs pros e contras do uso das redes sociais na educación quedaron ao descuberto en Vigo
O pasado xoves, 28 de xuño, celebrouse na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación de Vigo a Xornada de Innovación Educativa 2012, cuxa sesión inaugural estivo a cargo do xornalista e docente Ernest Sotomayor, un profesional con máis de 35 anos de experiencia como reporteiro e editor en Estados Unidos que expuxo a importancia que acadaron as redes sociais na (...)
Ler máisO CNTG acolleu a primeira xornada sobre tecnoloxía social do país
O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) acolleu o pasado xoves a que foi a primeira xornada organizada no noso país con vistas a valorar a utilidade das TIC para mellorar a vida das persoas, sobre todo no tocante á súa saúde e benestar. Foi organizada polo Club de Amigos de la Tecnología Social, unha entidade que comezou a funcionar o pasado mes (...)
Ler máisO CLAG fará máis doada a entrada no seu seo de empresas de nova creación
O Cluster do Audiovisual Galego, CLAG, vén de amosar o seu compromiso por facerse máis forte no camiño da competencia, da busca colectiva de novos mercados, da innovación en tódolos elos da cadea (produción, creación, distribución, promoción) e da optimización do traballo conxunto. Así o fixo saber o Cluster este xoves 28, trala súa Asemblea Xeral Ordinaria, (...)
Ler máisOs libros da USC en Google Books recibiron medio millón de visitas na primeira metade de 2012
O labor da Universidade de Santiago a través do servizo Google Books segue adiante, e todo indica que cos mellores agoiros. O achegamento USC-Google, do que dimos conta hai uns tres anos con motivo da súa materialización definitiva e da arela da institución galega de dixitalizar e universalizar boa parte do seu coñecemento a través do buscador, vén de acadar (...)
Ler máisO medio dixital Galizaconfrainfo pon en marcha unha campaña para recadar fondos
A Rede permite, entre outras cousas, que por cada medio xeral que escamotea a verdade das cousas ou as distorsiona, xurdan outros pequenos e independentes que buscan achegar outro punto de vista, ofrecer alternativas de cobertura desapegadas do poder. Na nosa terra hai varios e bos exemplos disto, estes días cobrando especial importancia (...)
Ler máisMedio centenar de expertos en tecnoloxías intelixentes para os vehículos reúnense estes días en Baiona
Para tomarlle ao pulso á innovación tecnoloxía a prol do vehículo intelixente non é preciso liscar aos centros de meirande tradición en I+D automobilística. Temos varios ben preto, en Vigo, en Porriño e tamén en Baiona, onde se está a desenvolver a sétima edición do Simposio CEA de Control Intelixente, organizado polo grupo de Robótica da Universidade de Vigo no (...)
Ler máis0 | ... | 27840 | 27850 | 27860 | 27870 | 27880 | 27890 | 27900 | 27910 | 27920 | ... | 42340