Artigos desta sección
O Emporia RL1 obtén o certificado SIMPLIT que asegura a súa empregabilidade
O móbil que Vodafone presentou recentemente na Coruña, o Emporia RL1, específico para as persoas maiores ou con dificultade para usar os trebellos máis modernos do mercado, semella cumprir as expectativas dos seus potenciais usuarios en canto a usabilidade e facilidade de uso, e vén de recibir o selo de certificación SIMPLIT da man do Instituto de Biomecánica (...)
Ler máisEGANET estrea sede en Compostela
Este mércores EGANET celebrou unha xuntanza informal entre representantes das súas empresas socias para inaugurar o seu novo local na rúa Pombal, nº 43 de Santiago de Compostela, que busca ser un centro de coñecemento TIC e xermolo para novas alianzas. A Asociación pretendeu co encontro dar a coñecer aos seus socios as posibilidades do novo establecemento (...)
Ler máisAGESTIC dáse de baixa no Cluster TIC de Galicia
As decisións tomadas no seo do Clúster TIC de Galicia non acaban de convencer a moitos dos seus integrantes (empresas, asociacións empresariais, colexios e outros axentes do macrosector galego das TIC), e á baixa de EGANET producida aínda non hai un mes, hai que engadirlle agora a de AGESTIC, que xa a finais de xuño mostraba o seu descontento coa liña seguida (...)
Ler máisCoruña ábrese ás novas linguaxes creativas coa apertura de Mundos Dixitais
Os ollos de milleiros de seareiras/os do audiovisual, sobre todo do audiovisual con feituras de vangarda, están estes días dirixidos cara unha cidade galega, A Coruña, sede da décima edición de Mundos Dixitais, un certame que se desenvolve este ano até o 9 de xullo e que, como o seu nome indica, constitúe unha ollada aos mundos que veñen, aos que imos (...)
Ler máisAcronis lanza uns consellos para recuperar ás empresas dos desastres tecnolóxicos
Acronis é unha firma especializada no que eles denominan “desastres de TI” e protección de datos tanto na contorna física como na virtual ou cloud, que, ao igual que fixeron outras empresas do eido tecnolóxico, aproveita a chegada do verán para anunciar os seus servizos a modo de consellos a seguir. A escusa é que “coa chegada do verán é cada vez máis (...)
Ler máisCoremain terá que entregar os novos equipos de ABALAR antes do 21 de setembro
A Consellería de Educación fará chegar no vindeiro curso un total de 15.000 equipos informáticos ultraportátiles para o alumnado de quinto de Primaria e segundo de ESO, unha iniciativa que virá acompañada dun investimento de 5,2 millóns de euros. Unha vez máis, a empresa encargada de achegar os computadores será a firma Coremain, que segundo se estipula nos (...)
Ler máisFacebook estrea videoconferencia
Tras a estrea de Google+, moitas eran as miradas que se fixaban en Facebook agardando unha reacción da compañía de Mark Zuckerberg, quen hoxe realizou unha presentación na que deu a coñecer oficialmente o servizo de videoconferencia que Facebook ofrece grazas á colaboración de Skype, de xeito que, aparte de chatear cos contactos de Facebook é posible (...)
Ler máisR presenta en A Coruña a súa proposta converxente fixo-móbil despreocupín
Para dar a coñecer os seus servizos converxentes fixo-móbil entre os profesionais galegos o operador de telecomunicacións R organizou esta tarde na súa sede coruñesa unha demostración na que se profundou nas posibilidades dos servizos coñecidos baixo o nome comercial despreocupín, que resultan de especial interese para profesionais e empresas de pequeno e (...)
Ler máisLibro de Pedra gaña a categoría de presentación en tempo real do Architectural 3D Awards
A aplicación Libro de Pedra, que permite realizar unha visita virtual á Catedral de Santiago e ao casco histórico de Compostela, recibiu hoxe un galardón nos Architectural 3D Awards, recoñecéndose así a labor no seu desenvolvemento por parte dos equipos de Ilux Visual Technologies e o Grupo de Visualización Avanzada VideaLAB da Universidade da Coruña a través (...)
Ler máisVueling estrea unha aplicación de xestión de voos para iPhone
A operadora nacional Vueling, na súa teima por satisfacer as demandas dos seus clientes e adaptarse ás novas esixencias do mercado, vén de estrear unha aplicación de compra de voos para iPhone, que permite realizar en liña tódolos trámites que ata o de agora había que facer in situ e que levaban (por norma xeral) máis tempo que a propia viaxe. A ferramenta (...)
Ler máis0 | ... | 30230 | 30240 | 30250 | 30260 | 30270 | 30280 | 30290 | 30300 | 30310 | ... | 42320