Artigos desta sección
A galega Training Channel pon en marcha un proxecto social para a formación de desempregados
Calquera cousa que se faga para facilitar o vieiro sempre complicado de atopar traballo, benvido sexa. Se ademais, o proceso pode facerse de xeito paralelo e complementario ás restantes tarefas que desenvolvemos ao longo do día, liberándonos de desprazamentos e participacións in situ, entón mellor que mellor. É nesta liña de facilitar as cousas e tirar o (...)
Ler máisSatdata presentará as súas últimas achegas tecnolóxicas en Madrid
A compañía galega Satdata, con sede principal na Coruña, vai levar as súas achegas tecnolóxicas do ámbito da seguridade ata Madrid, onde presentará en exclusiva as súas últimas novidades do eido do control e a xestión da seguridade persoal, emerxencias e loxística. O evento Satdata Exhibition terá lugar o vindeiro xoves, 7 de xullo, no hotel Eurostars ihotel, e (...)
Ler máisGradiant amosa a partir deste mércores o potencial das TIC na investigación mariña
O centro Gradiant de investigación tecnolóxica comeza esta semana de xuño a acoller diferentes actividades formativas e divulgativas de verán ligadas ao eido mariño e ás TIC. Máis en detalle, as accións arrancan este mércores coa visita da primeira quenda de estudantes de cuarto da ESO e primeiro de Bacharelato ás instalacións do centro tecnolóxico-dixital, (...)
Ler máisA tenda de pesca deportiva PéZcalo abre as súas portas virtuais
A primeiros de anos soubemos que Javier Sousa e Iván Fociños estaban a desenvolver unha páxina web de artigos de pesa deportiva chamada PéZcalo, que buscaba converterse en referente do mercado á vez que ofrecer contidos sobre o seu sector, proxecto que durante estes meses puido seguirse a través dun blog, en marzo deu os seus primeiros pasos a través dunha (...)
Ler máisLive the Place gañou a II edición do Startup Weekend Galicia
A proposta que resultou gañadora desta segunda edición do Startup Weekend que tivo lugar a pasada fin de semana nas oficinas viguesas de Elogia foi Live The Place, unha aplicación móbil que permite compartir aventuras apoiándose na xeolocalización para, por exemplo, percorrer os lugares nos que se rodou unha película (permitindo tamén crear aventuras de seu, (...)
Ler máisNóComún: nova fronte común cultural galega con sede no universo dixital
Seguimos a falar de boas novas para a nosa cultura na Rede. Desta volta, e logo de asistir ao xurdimento de proxectos a prol da comunicación en galego como Sermos Galiza, toca falar de NóComún, unha proposta colectiva de comunicación e cultura na que participa xa unha ducia de creadoras/es da nosa terra, dando forma a un espazo web que colle a testemuña dos (...)
Ler máisO CESGA organiza este martes unha conferencia sobre superconductividade
Este martes ás 17.00 horas, o Centro de Supercomputación de Galicia vai desenvolver un encontro informativo sobre o 100 aniversario da superconductividade na Universidade de Santiago, unha cita para (entre outras cousas) dar a coñecer os últimos achados da investigación no eido da Física de Sistemas de Electróns Fortemente Correlacionados. A xuntanza insírese (...)
Ler máisOs xornalistas galegos de turismo apostan por tiralle partido á Rede
Máis traballo en liña e, a maiores, máis traballo en liña. Esta é unha das apostas de traballo da Asociación Galega de Xornalistas e Escritores de Turismo (AGAXET), que ve no reforzamento da comunicación dixital un xeito especialmente indicado de falarlles aos lectores o máis preto posíbel, á mesma altura e na mesma frecuencia, e de impulsar o sector hostaleiro (...)
Ler máisIberbanda xa dá servizo a unhas 500 familias do sur de Lugo
O operador Iberbanda vén de emitir un novo informe sobre o traballo despregado no sur de Lugo en materia de tecnoloxía WiMAX, infraestruturas sen fíos para dotar de banda larga a zonas illadas sen cobertura ou con cobertura deficiente. Segundo se desprende do novo comunicado, a compañía rematou con “éxito notábel” a comercialización do dito recurso entre os (...)
Ler máisO Samsung Galaxy S II supera os 3 millóns de unidades vendidas en 55 días
Se atendemos á repercusión mediática que acadan os móbiles de Apple dá a impresión de que o iPhone domina o mercado mundial dos smartphone, pero o que na realidade acontece é que os terminais de Android están a ter máis forza, pero con menos modelos destacando, polo que resulta especialmente rechamante que o Samsung Galaxy S II conseguise acumular 3 millóns de (...)
Ler máis0 | ... | 30260 | 30270 | 30280 | 30290 | 30300 | 30310 | 30320 | 30330 | 30340 | ... | 42340