Artigos desta sección
A Xornada Empresas en Rede deixa pegada no empresariado galego
A pasada semana, Código Cero achegouse ata a o Centro de Novas Tecnoloxías (CNTG) da rede CEMit da Xunta de Galicia para asistir á Xornada Empresas en Rede, un evento organizado pola entidade pública Red.es para promover a implantación de tecnoloxía específica, neste caso, do sector automovilístico do noso país, e dar a coñecer as vantaxes do uso das TIC (...)
Ler máisCarlos Cano substitúe a Sebastián Muriel á fronte de Red.es
O enxeñeiro de Telecomunicacións Carlos Cano é o novo director xeral de Red.es. Así nolo conta a propia entidade público-empresarial ligada ao Ministerio de Industria, unha institución que estivo hai ben pouco por Compostela para informar polo miúdo das súas iniciativas na nosa terra a prol de implicar ao sector do motor no uso das TIC. Cano, que até o de agora (...)
Ler máisZara amplía o seu negocio na Rede
Zara, a marca insigne da galega Inditex, que hai pouco descubriu de primeira man as vantaxes de empregar Internet para chegar a tódolos recunchos do mundo, vai ampliar a súa liña de negocio online a Dinamarca, Noruega, Suíza, Mónaco e Suecia, onde activará a súa tenda virtual a partir do vindeiro día 3 de marzo. Ata o de agora, a compañía téxtil galega estaba (...)
Ler máisAs actividades conmemorativas arredor de Lois Pereiro, polo miúdo na Rede
Din que o tempo contribúe as cousas no seu sitio. E tamén a Rede. Só así se explica a intensa actividade que se está a despregar na Internet galega co obxectivo de reivindicar a figura de Lois Pereiro, un dos nosos mellores poetas e, malia todo, practicamente un descoñecido até hai ben pouco entre boa parte dos seareiros das letras da nosa terra. Á posta en (...)
Ler máisTodo listo para a apertura de portas de Compostweets, este sábado en Santiago
Esta semana presentouse en Santiago a xuntanza Compostweets, un encontro do que xa temos falado nesta web para dar conta dos seus primeiros pasos e que se dirixe a acoller un macrodebate arredor do fenómeno do que máis se fala dixitalmente: as redes sociais. E todo isto, tal e como se desprende do nome da xuntanza, facendo especial fincapé nas (...)
Ler máisAEMOS achega un servizo web para favorecer a busca de emprego
A Asociación de Empresarios de Mos (AEMOS), da que falamos hai relativamente pouco nesta web para dar conta das súas iniciativas a prol da formación en liña entre os profesionais aos que dá acubillo, quere seguir dando continuidade á súa liña estratéxica a prol das novas tecnoloxías da información. Froito disto é a súa web (en permanente desenvolvemento e arestora (...)
Ler máisA Policía detén a 6 veciños de Vigo por explotar licenzas de Microsoft
Segundo informa a multinacional de Redmond, a loita contra o fornecemento ilegal dos seus produtos intensificouse estes días coa detención de 23 persoas polo “uso e explotación ilegal de licenzas de software de Microsoft nos equipos de informáticos de locutorios e cibers”. Dáse a circunstancia de que a operación, levada a cabo pola Policía Nacional, incluíu (...)
Ler máisO 2 de marzo presentarase o novo iPad
Os rumores dos últimos días confírmanse, o vindeiro 2 de marzo Apple programa un evento que terá ao iPad coma protagonista segundo pode verse na imaxe promocional que a compañía de Cupertino remitiu aos medios convidados á presentación.
Ler máisPoñen á venda un cómic biográfico de Mark Zuckerberg
En 2010 a figura do co-fundador de Facebook, Mark Zuckerberg, conseguiu moita notoriedade, en boa medida pola estrea da película La Red Social, no que moitos consideraron que se trataba dunha imaxe distorsionada da realidade, o que quixeron compensar nun cómic biográfico de Bluewater Productions que chega hoxe ás tendas norteamericanas a un prezo de 6,99 (...)
Ler máisNovo Curso de Especialización en Marketing Online</Em> en A Coruña
A Escola Superior Marcelo Macías celebrará entre o 31 de marzo e o 28 de maio o seu primeiro Curso de Especialización en Marketing Online en A Coruña, dirixido polos profesionais Daniel Cerqueiro (Galinus) e Javier Varela (toctocmedia), que terá unha duración de 200 horas entre presenciais e en liña. As clases presenciais terán lugar os venres entre 16:30 e (...)
Ler máis0 | ... | 31180 | 31190 | 31200 | 31210 | 31220 | 31230 | 31240 | 31250 | 31260 | ... | 42370