Artigos desta sección
Seresidesdecides.com: plataforma a prol do voto como un dereito de residencia
A Web galega é estes días un fervedoiro de actividade informativa relacionada en maior ou menor medida coas eleccións autonómicas que xa se albiscan ao lonxe. Dende o non institucional (o que é de agradecer, tendo en conta a saturación de recursos en liña que están a pór en xogo os principais partidos) chéganos unha web-manifesto directamente encamiñada a dous (...)
Ler máisAustralia pon en marcha unha rede social para mozas e mozos con diversidade funcional
Paseniño, vai habendo unha Rede á medida de todas e todos. Iso si: por moito que pareza que na Internet xogamos todos, non podemos esquecer que unha boa parte do que se nos pon ao alcance da man cómpre pagalo, e moito. Nunha liña semellante pero diferente, de traballar a prol dunha Internet máis social (tanto como se poda) pero sen arela directa de negocio, (...)
Ler máisWindows XP trasvístese de Windows 7
Para os usuarios máis ansiosos por facerse con Windows 7, pero que aínda non pasaran a Vista, os peruanos de Miwradsoft lanzaron Seven Remix XP, unha aplicación que cambia a aparencia de Windows XP dotándoa dunha estética moi semellante á de Windows 7, e que é compatible con Windows XP/2003/Media Center Edition e XP Tablet PC Edition en todas as súas versións (...)
Ler máisCientíficos españois sentan as bases dos robots-ciberxogadores de fútbol
Sabíamos que a tecnoloxía imita á vida, pero non tanto. Chegar a un chanzo en que os programas informáticos sexan quen de reproducir até o máis mínimo detalle de comportamento dun xogador de fútbol en liña é probablemente un punto e aparte no deseño de realidades virtuais, por moito que estes deportistas tamén se imiten uns aos outros e teñan certa tendencia a (...)
Ler máisHP mira ao futuro do almacenamento
O Pazo de Congresos de Madrid, acolleu onte a meirande cita tecnolóxica en materia de almacenamento que ofrece Hewlett-Packard: o HP StorageWorks Day 09, que lle serviu á compañía para dar a coñecer a súa visión de futuro do negocio e as expectativas que teñen para co mesmo. Aproveitando a importancia do acto e a presenza dos directivos da compañía, HP levou a (...)
Ler máisRyanair lanza o primeiro servizo de telefonía a bordo de Europa
En contra de tódalas normas de aviación que prohiben o uso de teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos durante os vóos, a compañía de baixo custe, Ryanair, vén de lanzar o seu propio servizo de telefonía móbil a bordo en 20 dos avións que operan na súa base de Dublín. Este é, segundo anunciaron, “o primeiro paso” para equipar con este sistema a toda a flota da (...)
Ler máisMancomún completa a tradución da suite Mozilla ao galego
O Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza vén de anunciar que as súas tarefas de tradución dos aplicativos máis populares da suite Mozilla ao galego, “foron completadas con éxito”. Deste xeito, segundo anuncian na súa web, ao popular navegador Firefox, vén de engadírselle agora un “versátil xestor de correo electrónico (o Thunderbird), o que (...)
Ler máisA Academia Galega de Seguridade Pública impartirá un curso en liña sobre fotografía dixital
A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) vén de anunciar a celebración dun curso sobre fotografía dixital a través da Rede dirixido ao persoal das forzas e corpos de seguridade en xeral, e aos membros dos corpos de policía local e autonómica en particular. O obxectivo deste curso de formación, que se desenvolverá entre os días 23 de marzo e 21 de (...)
Ler máisOs informáticos mobilizaranse este sábado para pedir un corpo de seu na Administración galega
Nos últimos meses o colectivo dos Enxeñeiros en Informática veñen a esixir o regulamento do exercicio da súa profesión, chegando a organizar mobilizacións nas cidades de toda España, e nesta mesma liña convocan para o vindeiro sábado en Santiago de Compostela unha manifestación multitudinaria baixo o lema Galicia por una informática digna, secuntada pola RITSI (...)
Ler máisTouriño estrea un blog para facilitar o seguimento da súa campaña electoral
Para mellorar a distribución do Diario de Campaña iniciado por Emilio Pérez Touriño na súa televisión en liña e en YouTube, dende o PSdeG decidiron abrir tamén un blog no que se van pendurando os vídeos de YouTube xunto coas transcricións do que se conta nos mesmos, o que sen dúbida contribúe a mellorar a difusión destes (...)
Ler máis0 | ... | 36610 | 36620 | 36630 | 36640 | 36650 | 36660 | 36670 | 36680 | 36690 | ... | 42380