Artigos desta sección
Comeza a promoción do iPhone 3G en España
O 11 de xullo o iPhone chegará a España a través de Movistar, e para crear expectativas, na web da operadora xa se anuncia tal acontecemento en portada e se redirixe ao usuario a unha páxina web na que se pode inscribir para recibir información sobre o que podería ser o lanzamento do ano. Pero no mundo real tamén se está a preparar ao público, a varios blogs (...)
Ler máisMarca.com premia aos seareiros que rapen a cabeza se España gaña a Eurocopa
Xa son máis de 10.500 os seareiros que se comprometeron, ata o de agora, co xornal dixital Marca.com, a rapar a cabeza ó cero no caso de que a selección nacional gañe a Eurocopa de fútbol 2008. O contrato da iniciativa proposta polo diario no seu sitio web reza o seguinte: “Eu, afeccionado impenitente de toda a vida, pola presente comprométome solemnemente (...)
Ler máisO Clúster do Produto Gráfico presenta este venres o seu Amazon á galega
O futuro editorial da nosa terra ten moitos vieiros posibles, e o da innovación semella estar impoñéndose como o de meirande percorrido a longo prazo. Ou sexa: que é o que ofrece máis e mellores perspectivas, en boa medida porque concorren nel tecnoloxías e recursos da información coas súas vantaxes á hora de incrementar promoción e difusión. Así o entende o (...)
Ler máisBill Gates vaise esta semana de Microsoft nun intre de incertidume para a compañía
Dalgún xeito xa se sabía, pero aínda lle restaba a carta de oficialidade: Bill Gates vaise despedir definitivamente de Microsoft para dedicarse en exclusiva aos labores humanitarios da súa fundación (que leva o seu nome e o da súa muller, Melinda) e a partir do 27 de xuño. A marcha de Gates do posto de presidente executivo do consello de administración (que (...)
Ler máisAs subscricións 3G en Europa chegan aos 100 millóns
Segundo vén de anunciar a firma de investigación de mercado Informa Telecoms and Media, as operadoras europeas de telefonía móbil “veñen de superar a barreira dos 100 millóns de subscritores nas súas redes de terceira xeración (3G)”, unha cifra récord para este mercado que, a finais de maio, tiña un total de 910,8 millóns de subscritores móbiles. En concreto, a (...)
Ler máisO Goberno estuda a posibilidade achegar 20 canles de TDT móbil
Francisco Ros, secretario de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, asegurou trala presentación do proxecto i-LAB para potenciar a interactividade na Televisión Dixital Terrestre, que os operadores de televisión poderán optar previsiblemente a un múltiplex con capacidade para 20 canles de TDT móbil xa que esta tecnoloxía «non precisa do (...)
Ler máisO galego Javier Penedo estrea un podcast no que recolle o mellor da música Sin Reservas
Javier Penedo, quen fora presentador de Plató Aberto en Localia Santiago e director de informativos de Código TV,e actualmente presenta os grandes éxitos dos 70, 80 e 90 na emisora M80 Radio, estreou o pasado mes de xaneiro un blog onde recolle o que considera o mellor da música. Agora, para completar esta serie de recomendacións musicais, Penedo estrea un (...)
Ler máisVarias escenas de Os xirasoles cegos (gravada en Ourense) xa circulan pola Rede
Dende que José Luis Cuerda puxo o ollo (e tamén todo o seu equipo de colaboradores) en Ourense para rodar alí a súa última película, Os xirasoles cegos, baseada no libro de Alberto Méndez, son moitos os ourensás e ourensáns que agardan como auga de maio a chegada do filme ós cines, algo que non sucederá ata o vindeiro outono. Nembargantes, a produtora xa deixou (...)
Ler máisPublicatuslibros.com: selo de Rede ceibe de intermediarios para chegar o máis preto posible do lector
A Rede semella moi grande, pero non é tanto. Polo menos, esa é a impresión que dá se pensamos nas ferramentas e nos recursos que usamos ao longo do día. Unha infinitésima parte do que hai. Isto pódese aplicar a todos os xéneros de páxinas web, mesmo aos buscadores (sobre todo aos buscadores, con Google acaparándoo todo). Este enleada vén a conto para falar dunha (...)
Ler máisInterior propón acordos entre operadoras e policía para bloquear as webs de pedofilia
Hai datos sobre a Rede que dan medo. Podémolo comprobar nos buscadores (na sección de novas) se introducimos o termo “Internet”. O resultado é o seguinte: a día de hoxe, máis ou menos o 70% dos resultados son de informacións ligadas á pedofilia e a delitos relacionados coas canles dixitais. Con independencia de que a cuestión estea inflada polos medios de (...)
Ler máis0 | ... | 38370 | 38380 | 38390 | 38400 | 38410 | 38420 | 38430 | 38440 | 38450 | ... | 42320