Novero comercializa mans libres de auténtico luxo

venres, 14 de maio do 2010 Marcus Fernández

O luxo e a tecnoloxía non teñen por qué ir por separado, ou tal pensan dende Novero, compañía que vén de lanzar unha serie de dispositivos de mans libres Bluetooth disfrazados de xoias, que están compostos basicamente por dúas partes: un receptor Bluetooth que ten a aparencia dun colgante e un auricular que vai unido ao mesmo.
Estes curiosos accesorios veñen adornados con metais e pedras preciosas que fan que poidan chegar a prezos de ata 120.000 dólares, existindo unha liña Víctor para homes e outra Victoria para mulleres, contando esta última con 4 deseños distintos (Lapis, Pearl, Stripes e Wave).

Os metais preciosos tamén poden empregarse para da unha aparencia luxosa a un dispositivo persoal de mans libres

As perlas poden adornar un mans libres Bluetooth

PUBLICIDADE