Novo MacBook Pro de 14 polgadas (con M5 e sen adaptador de corrente)
mércores, 15 de outubro do 2025
Apple presentou o novo MacBook Pro de 14 polgadas impulsado polo chip M5, que introduce un notable avance nas capacidades de intelixencia artificial e melloras en case todos os apartados técnicos do portátil profesional. O novo procesador ofrece ata 3,5 veces máis rendemento en tarefas de IA e gráficos ata un 60 % máis rápidos que na xeración anterior, grazas a unha GPU de última xeración con Neural Accelerator en cada núcleo, unha CPU máis veloz e eficiente e un Neural Engine optimizado.
O novo MacBook Pro mantén unha autonomÃa destacable de ata 24 horas e incorpora un sistema de almacenamento SSD máis rápido que acelera procesos profesionais como a importación de imaxes RAW ou a exportación de vÃdeo en alta resolución. Ademais, permite configurar ata 4 TB de capacidade, o dobre da xeración anterior.
O portátil dispón dunha pantalla Liquid Retina XDR de 14 polgadas con opción de acabado nanotexturizado, cámara frontal de 12 MpÃxeles con Encadre Centrado, sistema de son con seis altofalantes e unha ampla conectividade con portos Thunderbolt, HDMI e lector de tarxetas SD. Estará dispoñible a partir do vindeiro dÃa 22 en negro espacial e en prata, cun prezo inicial de 1.829 euros.
O novo portátil chega acompañado de macOS Tahoe, o sistema operativo que redefine a experiencia de usuario cun deseño renovado Liquid Glass, un Centro de Control máis visual e ferramentas de produtividade avanzadas como a busca intelixente en Spotlight. A integración de Apple Intelligence achega funcións de tradución en tempo real en Mensaxes, FaceTime e Teléfono, asà como accións automatizadas e modelos locais que potencian a creatividade e a organización diaria.
Cómpre salientar que tras a presentación deste novo equipo non foron poucos os usuarios que amosaron a súa indignación en redes sociais ante o feito de que este novo equipo en España non inclúa de serie un adaptador de corrente (cando nos EE.UU. incorpora un adaptador de 70 watts que Apple vende por separado a 65 euros).
