Novo Walkman de Sony con grande autonomía
luns, 22 de setembro do 2008
Os Sony Walkman hai tempo
que deixaron de ser reprodutores de cinta, e non se limitan só a teléfonos
móbiles, e como exemplo tempos o novo Sony
Walkman NWZ-S730, que non só presenta un elegante deseño, un espesor
bastante reducido (7,5 mm), unha pantalla LCD de 2 polgadas e un amplo soporte
de formatos de arquivo (MP3, WMA, AAC, PCM, WMV, H.264/AVC e MPEG-4) senón que
conta cunha autonomía realmente impresionante,
podendo reproducir cunha única carga ata 40 horas de música ou 10 horas
de vídeo.
Para rematar de redondear o produto, os reprodutores Walkman Serie S tamén
incorporan as canles SensME (agrupación dos temas almacenados en base a estilos detectados nos mesmos) e unha
auriculares con tecnoloxía de cancelación de ruído (o que os fan especialmente axeitados
para o seu uso en medios públicos de transporte).
Este novo reprodutor multimedia comeza a venderse este mes a 150 e 180 dólares
para os seus modelos con 4 e 8 Gb de memoria interna respectivamente, e se
poden adquirir en varias cores (rosado, azul, vermello e negro).