Novo altofalante portátil de Ultimate Ears

mércores, 6 de setembro do 2023 Marcus Fernández

A familia de altofalantes sen fíos de Ultimate Ears, filial de Logitech, medra coa altofalante Bluetooth Epicboom, que promete un son épico inmersivo de 360 graos, graves potentes e ecualizador adaptativo por un prezo recomendado de 399 euros.
Este interesante e potente altofalante conta cunha batería recargable cunha autonomía de até 17 horas de duración; pódese emparellar co resto de altofalantes da familia Ultimate Ears, o que facilita a ambientación de festas e xuntanzas nas que queira ambientarse un espazo de grande tamaño; o altofalante ten unha grande resistencia, con clasificación IP67 contra auga e po, e tamén pode sobrevivir a caídas de até 1 metro de altura.
O UE Epicboom pode manexarse até unha distancia de 55 metros, e cando quere empregarse en exteriores ten un botón que consegue engadir 1 dB adicional de son (de xeito ordinario o altofalante ofrece 94 dBC de son). Para facilitar o seu emparellamento con móbiles Android tamén inclúe NFC, de xeito que con só achegar o teléfono ao altofalante poden vincularse para mandarlle logo a música por Bluetooth. Tamén conta cun botón para reproducir, pausar ou saltar pistas directamente dende o altofalante, sen ter que utilizar o teléfono, sendo posible configurar listaxes de reprodución con un toque nas plataformas de streaming musical máis populares (Spotify e Amazon Music en Android e Apple Music en iOS).

O altofalante está deseñado para ofrecer unha grande potencia sonora nun tamaño relativamente compacto

PUBLICIDADE