Apple renova o seu catálogo discretamente
martes, 3 de marzo do 2009
Hoxe, sen previo
aviso, e confirmando os rumores dos últimos dÃas, Apple renovou o seu catálogo informático con
cambios de distinta magnitude, que principalmente responden á actualización de
equipos que estaban a quedar obsoletos e que parecÃan esquecidos pola compañÃa
de Cupertino.
O equipo que terÃa o seu cambio menos importante serÃa o iMac, o todo-en-un de Apple que se
vende con pantallas de 20 ou 24 polgadas (con resolucións equivalentes a HD
Ready e Full HD respectivamente), con procesadores Intel Core 2 Duo de ata 3,06
GHz, ata 8 Gb de RAM (aÃnda que pasar de 4 a 8 Gb de memoria teña un esaxerado
sobrecusto de 900 euros), con ata 1 Tb de disco duro SATA e con distintas opcións
de procesadores gráficos, que se venden
por prezos de a partir de 1.079 euros e inclúen en todas as
configuracións o sistema operativo Mac OS X Leopard
e o paquete de aplicacións iLife ’09. No tocante aos portos, inclúen 4 USB 2.0
no monitor (incrementando 1 con respecto á versión anterior), 2 no teclado e 1
porto FireWire 800.
Pero a grande noticia da xornada serÃa a renovación do Mac mini, equipo que moitos daban
por morto (rumoreábase que Ãa ser descontinuado
por Apple), que mellora o seu rendemento de xeito importante coa incorporación
do procesador gráfico nVIDIA GeForce 9400M (seguindo os pasos dos MacBook).
Conserva o seu reducido tamaño de 5,08 x 16,51 x 16,51 centÃmetros, un peso de
1,31 quilos, e cunha grande eficiencia enerxética (consume menos de 13 vatios
en reposo). O
seu prezo parte dos 579 euros (no modelo con 1 Gb de RAM, 120 Gb de
disco duro e 128 Mb de memoria gráfica) mentres que por 779 euros é posible
adquirir un modelo bastante máis completo (con 2 Gb de RAM, 320 Gb de disco
duro e 256 Mb de memoria gráfica), ambos cun procesador Intel Core 2 Duo a 2
GHz, 5 portos USB 2.0 e 1 porto FireWire 800.
A un nivel profesional, Apple tamén puxo as pilas, e renovou o Mac Pro, que agora conta cos
modernos procesadores Xeon Nehalem de
Intel e unha arquitectura de sistema de última xeración para achegar ata o
dobre de rendemento que un equipo da xeración anterior.
Estes equipos de alta gama poden configurarse cun destes novos procesadores de
ata 2,93 GHz e con 4 núcleos ou mesmo con dous destes procesadores en paralelo.
A configuración básica inclúe unha gráfica nVIDIA GeForce GT 120 con 512 Mb de
memoria, aÃnda que existe a posibilidade de incluÃr unha ATI Radeon HD 4870.
Tamén coidaron a facilidade de acceder aos seus compoñentes para futuras
actualizacións e o seu consumo (respecta a norma Energy Star 5.0). Os
prezos parten dos 2.199 euros, o que suporÃa unha rebaixa duns 300
euros con respecto dos anteriores modelos, aÃnda que é
posible configuralo cunhas prestacións que acheguen o seu prezos aos 18.000 euros.
Pero non só cambiaron os equipos en si, senón que os teclados que inclúen tamén
é diferente, parecendo
unha mestura do teclado básico e o sen fÃos, pois carece do teclado
numérico, conserva o cable, e tamén inclúe 2 portos USB. Este teclado
destacarÃa por ocupar pouco espazo e o seu prezo
de venda é de 49 euros.
Como última novidade teriamos os novos modelos de Aiport
Extreme e Time
Capsule, que contarÃan con dobre antena para emitir
en dobre banda simultaneamente (de xeito que poderÃan funcionar coma
802.11n e 802.11g á vez, combinando alta velocidade con compatibilidade con vellos
dispositivos).
- O novo teclado prescinde do teclado numérico