Novo ciclo formativo sobre ciberseguridade na Rede CeMIT
mércores, 2 de outubro do 2024
A AMTEGA inicia mañá en Ortigueira as segundas xornadas formativas en materia de ciberseguridade previstas para este ano, que se celebrarán ata o mes de decembro en 23 aulas da Rede de Aulas CeMIT.
O programa, que leva por título Ciberseguridade, os teus primeiros pasos, ten como obxectivo sensibilizar á cidadanía e, especialmente, ao colectivo de persoas maiores sobre importancia de aspectos como protección de credenciais, navegación segura, seguridade nos dispositivos e, en definitiva, no uso da tecnoloxía no día a día.
Estas sesións, para as que está aberta a inscrición, celebraranse de xeito presencial en 23 aulas da Rede CeMIT en horarios de mañá ou tarde. Nelas abordaranse de xeito práctico e diferentes temáticas como o uso das redes sociais, a pegada dixital, a desinformación (díxomes e noticias falsas) ou protección fronte a ciberataques, entre outras. Todas as sesións terán unha duración de 1,5 horas.
As persoas interesadas en seguir calquera das actividades pode facer a súa inscrición a través da web de CeMIT ou poñéndose en contacto coa aula que lle resulte de máis interese entre as seguintes: Ortigueira, Leiro, Catoira, A Cañiza, Betanzos, Pontevedra, Sada, Cuntis, Vimianzo, Celanova, O Barco de Valdeorras, Ribeira, Carballo, Barreiros, Monforte, Riotorto, Fisterra, O Vicedo, Ponteareas, A Coruña-Eirís, Vilagarcía e Guitiriz.