Novo clon chinés do iPod nano
mércores, 25 de xuño do 2008
Moitos
usuarios optan por adquirir dispositivos electrónicos de marcas descoñecidas
para aforrar uns cartos, pero nalgúns casos estes produtos rozan o timo ao
presentar aparencias externas case exactas a outros trebellos claramente
recoñecibles (pero con prestacións moi inferiores), e igual que no seu dÃa vimos clons
do iPod shuffle, agora é o iPod
nano o reprodutor multimedia vÃtima da copia descarada.
O produto de fabricación chinesa é un reprodutor modelo
DMP-307D con 1 Gb de capacidade interna, pantallas de 1,8 polgadas,
sintonizador de radio FM, baterÃa recargable, gravador de voz, soporte de audio
en MP3, MP4, WMA, WMV, ASF e WAV e de vÃdeo en AMV, conectándose ao PC a través
de USB (que serve tanto para cargar o reprodutor como para cargarlle contidos).
Este reprodutor se vende a 14,8 dólares en
cantidades de 500 unidades, o
que poderÃa ser un produto atractivo, pero hai que advertir que dista moito do
reprodutor iPod nano de Apple, polo que é moi posible que nalgunhas tendas e
poxas a través da web procuren enganar ao usuario con este produto.