Novo disco duro multimedia gravador de alta definición

luns, 23 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

Os discos duros multimedia están en pleno apoxeo, con diversidade de modelos no mercado adaptados para diferentes perfís de usuario, e pensando nos modernos televisores de alta definición chegan ao mercado os modelos SPC Internet 0965, 0967 e 0961 con capacidades de 500 Gb, 750 Gb e 1 Tb respectivamente e contan con saída HDMI que permite amosar os seus contidos a unha resolución de ata 1.080i por un prezo que oscila entre os 170 e os 230 euros.
Esta familia de discos duros multimedia non só pode presentar imaxes (JPEG e BMP), reproducir vídeos (MPEG-1/2/4, Xvid, DivX, VCD, DVD, SVCD e ISO) e música (MP3, MP2, WMA, WAV, OGG, AC3 e ASF) senón que tamén conta coa opción de gravación dunha fonte externa (mediante conectores RCA) o que permitiría gardar no disco programas de televisión incluso a unha resolución de 1.080i.

PUBLICIDADE