Novo lector de e-books con pantalla táctil por só 279,90 euros

venres, 25 de setembro do 2009 Marcus Fernández

Os dispositivos de lectura de libros electrónicos non paran de chegar ao mercado, pero algúns están a descatar agradablemente polo seu prezo, pois supón todo un golpe sobre á mesa, coma o Hexaglot N518, que é un dispositivo con pantalla táctil de 5 polgadas cunha resolución de 600 x 800 píxeles e tecnoloxía de recoñecemento de escritura que está á venda por 279,90 euros (aos que habería que engadir 20 euros de portes) de xeito que sería incluso máis barato que outros dispositivos semellantes que hai nas tendas españolas, e que carecen de pantalla táctil.
Este lector alemán de libros electrónicos mide 153, x 11,2 x 1,2 centímetros, pesa 190 gramos, conta con 512 Mb de memoria interna ampliable mediante tarxetas microSDHC (de ata 32 Gb, aínda que inclúe unha de 4 Gb), soporte ficheiros EPUB, PDF, TXT, HTXT, HTML, de Microsoft Word, JPEG, TIF, BMP , PNG, GIF, MP3, WAV e WMA e a súa autonomía permite a lectura dunha 7.000 páxinas.

PUBLICIDADE