Novo lector de libros electrónicos de Sony
venres, 3 de outubro do 2008- Como principal novidade o Sony PRS-700 incorpora unha pantalla táctil
Os lectores de libros electrónicos
parecen querer emerxer grazas ao éxito do Amazon Kindle, e Sony presentou o seu
PRS-700, que en pouco máis de 250 gramos inclúe unha pantalla táctil de 6
polgadas que permite dende facer anotacións nos textos ou realizar buscas por
palabras chave (mediante un teclado virtual) ata pasar as follas cos dedos.
A tecnoloxÃa empregada polo Sony
PRS-700 continúa a ser o papel electrónico, pero mellora con
respecto aos modelos anteriores en resolución, se pode ler mellor baixo luz
solar directa e integra
iluminación LED por se precisamos ler de noite.
A autonomÃa do lector permite ler ata 7.500 páxinas cunha única carga, na súa
memoria interna se poden cargar unha media de 350 libros, aÃnda que tamén se
poden cargar dende tarxetas de memoria SD ou Memory Stick Duo.
Sairá á venda o vindeiro mes a 400 dólares.