Novo mando de Xbox en cor vermella

luns, 11 de xaneiro do 2021 Marcus Fernández

Microsoft continúa a ampliar as posibilidades de elección de mando para as súas consolas, e agora anuncia que o vindeiro 9 de febreiro porá á venda en España a un prezo de 59,99 euros o novo mando sen fíos para Xbox modelo Pulse Red, que é un mando de Xbox cunha cuberta en cor vermella intensa, cunha traseira en cor branca e con acentos e negro, que busca ser bastante rechamante (algo de agradecer cando se trata dun segundo mando para unha consola).
Cómpre lembrar que estes novos mandos son especialmente atractivos polas súas grandes posibilidades de conexión, xa que poden empregarse nas novas Xbox Series X e S, en consolas Xbox One, en ordenadores persoais con Windows 10 e tamén en smartphones e tabletas con Android, xa que contan con conectividade Bluetooth.

A cor vermella dos novos mandos de Xbox fai que sexan doados de diferenciar do resto de mandos de consola

PUBLICIDADE