Novo mando para iPhone con licenza de PlayStation
xoves, 28 de xullo do 2022
Gozar de xogos de consola a través de dispositivos móbiles é
unha tendencia cada vez máis presente, e atendendo á mesma presentan
un novo accesorio para iPhone con licenza oficial de Sony: o Backbone One: PlayStation
Edition. Trátase dun engadido para os móbiles de Apple que engádelles un
sistema de control inspirado no mando DualSense de PS5 en funcionalidade e
estética.
A intención deste accesorio é moi clara: busca facilitar que os usuarios de consolas
de Sony que fagan uso do xogo remoto dende o iPhone poidan contar con controis
físicos, podendo así levar o xogo de consola a calquera recuncho do fogar ou
incluso ao exterior.
O Backbone One tamén é compatible cos xogos da App Store e outros servizos de
xogo en streaming que admitan controis físicos, e venderase
por 119,99 euros, o que iría na liña doutros mandos semellantes como os
Razer Kishi, aínda que existen alternativas moito máis económicas e tamén hai
solucións baseadas en mandos de consola conectados mediante Bluetooth, pero os
trebellos como o Blackbone One teñen como grande vantaxe ao conectarse
fisicamente o móbil, reducindo así a súa latencia. Este novo produto tamén
inclúe conector para auriculares con ou sen micrófono e un porto Ligthning para
poder pasar carga directamente ao móbil.
Vídeo promocional do novo accesorio para iPhone