Novo mando para simuladores de voo
martes, 13 de xaneiro do 2009
Os joysticks eran o dispositivo de control
por excelencia en boa medida por herdanza das primeiras consolas de videoxogos
e das máquinas recreativas, pero nos últimos anos perderon posicións no mercado
en favor dos gamepads que combinan
controis analóxicos e dixitais, o que os fan máis versátiles, pero os amantes de
simuladores de voo continúan a demandar as vellas pancas de xogo, de aà que Mad Catz Interactive anuncie o lanzamento
do seu Saitek Aviator
Flight Stick, que teñen versión para Xbox 360 e para PS3 (ambas compatibles
co PC).
Este novo mando está optimizado para unha boa experiencia de simulación de voo,
cunha base
plana que incrementa a súa estabilidade, 3 botóns de disparo, un gatillo e un pequeno
stick analóxico para manexar o ángulo
de visión.
O control de aceleración deste mando se pode situar a ambos lados (para
resultar cómodo tanto para destros como para zurdos), pode conmutar entre 2
modos de configuración (para adaptarse aos distintos xogos) e inclúe opcións
propias da consola de videoxogos á que vai dirixido este mando: o de Xbox 360
ten conector para os auriculares propios da consola, asà coma o botón para
activar a guÃa da Xbox, e o de PS3 tamén integra un botón para acceder la
PlayStation 3 Cross Media Bar.
O prezo de venda destes mandos é de 49,99 dólares ou 49,99 libras esterlinas
nas súas versións de
PS3 e Xbox 360.